As primeiras fotos e as primeiras impresións. Tivemos que resolver moitos problemas de intendencia, custounos ter un e-mail operativo, que si esqueciamos o contrasinal, que si non sabiamos como mandar as mensaxes,etc...Mila nolo conta "hola profe, hoy estuve toda la clase intentando abrir el gmail como ya sabes y hice algunas actividades y acerte bastantes que es raro en mi" Ahcene tamén nolo contou así "Hoy en la clase estuve atareado por que mi ordenador estaba en inglés, y no sabía cómo enviar mensajes. No tuve tiempo de hacer actividades, sólo de ver las instrucciones de cómo utilizar bien redes sociales etc." Marcos estivo 2 días traballando ao seu aire dirixido con instruccións dunha construción de Geogebra e contaba "Soy Marcos y conseguí hacer el polígono", Iñaki ten unha dúbida "Cando se fagan na casa actividades do ordenador ,¿ hai que mandarte un correo?" Ana contou " Hola hoy hice fracciones, en calculo mental fixen de tempo 52 e 20 acertos de 20" Oscar conta "hola, fixen as actividades e logrei conseguir dous trofeos sobrandome 21 segundos foi divertido e interesante" Vicente conta "Traballei moito e fixen moitos exercicios. Na de porcentaxe acertei 16 de 20 .Gustoume moito grazas"
Pola miña parte dicir que a min cóstame máis organizarme na aula e planificar as actividades, pero teño claro que estamos adquirindo competencias básicas, non só relacionadas coas matemáticas tamén coas TIC, coas habilidades sociais etc. Seguiremos observando.
Ola, colega internauta!
ResponderEliminarSuscribo as túas reflexións sobre planificar as actividades, etc e gústame este Post, tanto as fotos (tan moi Juapiños e por fin sae Marcos, que nas miñas sempre está "missing") como as pinceladas de realismo ao presentar as opinións dos usuarios, :)), non hai que esquecer que eles son os que o están a experimentar en 1ª persoa. Eu tamén estou bastante satisfeita deste primeiro mes. Seguiremos nela e creo que estamos a contaxiar a outros/as.
PD. O rapaz que non sabía mandar mensaxes porque estaban en inglés non sería alumno meu, non sí? ¡JAJA!
Grazas Marga, os usuarios, :), está claro que están encantadísimos e nós tamén e iso xa é moi importante, estar a gusto nunha aula xa é unha grande aprendizaxe.
ResponderEliminarVémonos, bicos