27 jun 2012

Feliz verán


Early Sunday Morning de Edward Hopper, Whitney Museum of American Art, Nueva York

Do 12 de xuño ao 16 de setembro o museothyssen ofrece unha exposición de Edward Hopper, un pracer para os sentidos e unha boa opción se os camiños vos levan a Madrid.

Con esta imaxe e esta canción interpretada por Andrea Salgado ao piano e que escoitamos no acto de fin de curso, daquela acompañada coas guitarras de Jorge e Aarón, despídome ata setembro.

Foi un bo curso,  recuperei algo do meu antigo humor nas aulas e iso non ten prezo. Por suposto, algo ten que ver o tipo de alumnado niso, ou sería a temperatura caribeña da aula?,  :).  Grazas.




Pensamos no futuro, e ti?

 
 Este é un resumo do traballo co que gañamos o II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos no nivel de 1º ciclo de ESO, organizado por SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e Investigación de Operacións).
O xoves 21 na facultade de matemáticas de Santiago tivemos ocasión  de asistir á presentación dos outros dous traballos premiados.
Magnífico e con moitísimo traballo detrás, o titulado "Un dilema para o consumidor: cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?" do  IES de Mugardos (A Coruña).
Orixinal e moi interesante para os que nos gusta o cine de autor e non nos atreviamos a definilo, :), o traballo titulado "Existe o cine de autor?" do  IES "Fernando Wirtz Suárez" (A Coruña).
Tamén tivo unha mención especial na categoría de 1º ciclo de ESO o traballo "Cómo cae unha chincheta?" do  IES de Monelos (A Coruña). Hai que velo aqui, no blog tetractis, e digo hai que velo con coñecemento de causa, para que se saiba o que poden dar de si un grupo de alumnos ben dirixidos.
O acto foi coma no ano anterior, moi agradable, as persoas da organización do concurso amabilísimas, os discursos..... diferentes, nada de buscar o lugar común para non dicir nada, os de mate non falan por falar, :)
Tamén diciros que Xiana, Marinha, Irene e máis eu aproveitamos este premio para probar o AVANT e, que  pasado o díficil momento da presentación en público de traballo, fomos a celebralo nas cubertas da catedral de Santiago, ;)

A foto dos premiados e da mesa presidencial cópioa de tetractis.

15 jun 2012

Gañamos!!!

Xiana, Irene e Marinha alumnas de 1º de ESO do IES Otero Pedrayo gañaron na categoría de 1º ciclo ESO, o II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, convocado pola sociedade SGAPEIO co traballo "Pensamos no futuro, e ti?". 
O traballo que realizamos foi sobre reciclaxe, separación de residuos e  reutilización nos fogares do alumnado do noso centro. Un traballo no que aprendimos moito, non só de estatística e de informática, tamén da necesidade de reducir os residuos  que xeramos a diario. Pasámolo moi ben facendo gráficas cheas de cor, houbéranos gustado poñerlles flores pero a "sobriedade matemática" non nos deixou facelo :), tivemos moitos problemas para axustar as axendas das 4, ocupamos os ocos de moitas tardes con números e táboas, tivemos moitas rifas da profe por non ler o correo con atención, pero  conseguimos rematar un estupendo traballo e por riba dannos un premio, fabuloso!!!!!
O xoves 21 será a entrega de premios na facultade de matemáticas da Universidade de Santiago. Xa vos poremos as fotos, :)
Para que vos animedes a participar o próximo curso que saibades que o premio é un ordenata para cada participante, un bo premio desde logo, pero tamén debedes de saber que é o premio a un traballo moi duro e custoso. A opinión de todo o alumnado que participa sempre é boísima, sempre lles gusta moito o traballo pero só uns son os premiados, este ano tocounos a nós, pero estou segura que cada traballo entregado ao concurso era merecedor do premio polo esforzo que hai tras un proxecto deste tipo, tanto do alumnado participante como do profesorado que o dirixe. 

Unha gráfica divertida deste traballo é este pictograma sobre o que pensamos do uso de somieres pechando fincas, iso tan noso, :) 

Prensa e estatística

 

 Este é un resumo dun dos traballos que presentamos ao II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, este foi realizado por Lucía, Guille, Florina e Vicente de 2º de ESO. Un traballo moi interesante sobre o uso que fai a prensa das gráficas estatísticas, dos números e das táboas de datos. Deste traballo teño que dicir que ademais de gustarme moitísimo, foi un pracer volver a traballar con estes catro alumn@s. Aprendín moito, aprendín a facer  smarnonseique, aprendín a animar os vocabularios,.., :),  en fin, estupendo!!
Aqui podedes ver o traballo completo.

12 jun 2012

Avaliación de diagnóstico

A verdade é que levo media vida explicando que o 2005  é menor que o 2009 e que no eixo OX ordenamos os números de menor a maior, e sobre todo levo media vida falando do poder da gráfica, da información que transmite, para que veña agora a Consellería de Educación  e me poña isto diante, en fin, sen comentarios.
Tamén escribiron "quilómetros" en castelán, puxeron unha ecuación na que as parénteses escondían os signos das operacións, deron un resultado erróneo, hai outra gráfica de dificil compresión (por dicilo amablemente), etc, ... 


O departamento de matemáticas do noso centro presentou un escrito pedindo que sexan máis coidadosos cunha proba que segundo a administración é tan útil.
Por suposto, eu non lle vexo tal utilidade, pero ademais  seguimos cometendo os mesmos erros que nas probas anteriores, demasiadas preguntas en pouco tempo, 30 en 60 minutos, e seguimos sen deixar calculadora nunha proba na que hai multitude de operacións, dado o contexto real dos problemas, moitas delas bastante latosas para facelas sen calculadora en menos dun minuto.

5 jun 2012

Sombra sobre o ceo

Nunca se me ocorrera pensar que a sombra dun obxecto puidera reflectirse no ceo, é difícil pensar sempre en todas as posibilidades.
Menos mal que anda xente na rede pensando por nós e fotografando para nós, a explicación no blog fogonazos e as fotos aquí