Páginas

11 abr 2013

sandalia Möbius




A empresa United Nude naceu no ano 2003 da man do arquitecto holandés Rem Koolhaas e do zapateiro inglés Galahad JD Clark.

Esta empresa fabricou as sandalias Möbius, un zapato de culto, que cunha mesma tira une tacón, sola e empeine, formando un todo, grazas a unha banda continua que vai xirando en torno ao pé envolvéndoo, ou sexa que estamos ante unha banda de Moebius  

A sandalia Möbius inspirouse na silla Barcelona do famoso arquitecto Ludwig Mies van der Rohe, neste vídeo podemos ver como o deseñaron.


Eu son de zapatos simples, incluso sen tacón, pero non podo deixar de admirar a beleza desta mestura de deseño e abstracción.

2 comentarios:

  1. E poderíamos pasarlle un cepillo de xeito continuo...

    ResponderEliminar
  2. pero non lle poñas crema que aínda vas manchar a planta do pé,:)

    ResponderEliminar