Hoxe inaugurouse en Santiago a cidade da cultura cunha forte polémica social sobre a oportunidade desa grande inversión.
Esta obra está rodeada de grandes números: 148000 metros cadrados de superficie construida, 686000 metros cadrados de parcela, 476 millóns de euros de custo, 250000 libros na biblioteca,.....
Sen entrar na polémica, hoxe queda apreciar a beleza de formas xeométricas complexas deseñadas polos arquitectos Peter Eisenman e Hejduk.
1 comentario:
Está claro que o ser humano ten nos seus xenes a capacidade de crear... pero por desgraza tamén a capacidade de matar, desfacer, desbaratar, arrasar, esnaquizar, aniquilar...
Os que cremos na educación pensamos que este é o camiño para que a balanza se decante no desenvolvemento da creación e da imaxinación e en contra da destrución.
Carmen
Publicar un comentario