Mostrando entradas con la etiqueta Humor. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Humor. Mostrar todas las entradas

23 mar 2017

Calculus Rhapsody



Aquí uns mozos pintando a mona coas mates. Mágoa que non sei inglés e non me queda nada claro se cantan ou non con propiedade estes dous mozos, pero  están divertidos.
Ánimo coas integrais!!!! apagade os móbiles e practicade, a integrar se aprende integrando!!

13 mar 2014

Deriva!!


No que queda de curso, en 1º de bacharelato resolveremos case todo derivando. Este vídeo, pelín hortera, nolo lembra de forma bastante atinada, se non sabes que facer deriva!!, :)

25 oct 2013

PIPAS

Pipas é una curtametraxe de Manuela Moreno, nesta páxina de divulgamat podes ler unha interesante entrevista á autora. Na curta dúas amigas falan dun alumno que volve ao ensino en busca do título da ESO. 
Este curso traballo no nocturno, onde a realidade é diversa: alumnos que van e veñen, que traballan de vez en cando, que levan anos desconectados do ensino, que andiveron polos ciclos medios, polos PCPI, pola ESA e que agora queren sacar o título de Bacharelato, alumnos rebotados do diurno, ...., alumnos que deixaron as mates case de última materia para sacar o título. O dito, unha realidade diversa e ao mesmo tempo unha realidade educativa gratificante para o docente, pois dá a impresión de que aqui ninguén está por estar, están por algo e están voluntariamente, intentando compaxinar vidas de adultos con un ensino regrado. Un placer para min traballar nestas condicións. Para celebralo e recuperar o humor despois da folga, esta agradable curtametraxe que tivo os premios a mellor guión e mellor dirección na XI edición do Notodofilmfest.


)

15 oct 2013

Exames

LER, PENSAR, ORGANIZAR, DECIDIR, OPERAR, CONTESTAR 
 Ás veces non hai que calcular
para contestar ás preguntas, :)
Bótalle un vistazo xeral ao exame e empeza pola pregunta que teñas mellor preparada ou que che pareza máis fácil. Para chegar ao 10 hai que primeiro sacar un 5 e se estudiaches chegar ao 5 é fácil, só hai que porse. Cando teñas o 5 asegurado vai polo 10!
En cada pregunta ou exercicio, le coidadosamente o enunciado antes de empezar a contestar. Unha vez lido o enunciado pensa ben o que tes que facer antes de porte a operar ao tolo. Nos problemas é fundamental comprender o enunciado: se é necesario, le dúas veces o problema. Busca unha estratexia ou método para resolver o problema. Aplica paso a paso a estratexia ou método de resolución. Realiza coidadosamente os cálculos. Finalmente contesta claramente ao que che pregunten.

OPERA CON SENTIDIÑO   

Nos exames analiza os resultados, se sabes ou intúes que unha operación vai mal, revisa operacións ou fainas de novo.



Antes de facer unha simplicación, ¡¡¡reflexiona!!! 


COIDA A PRESENTACIÓN DO EXAME

Escribe con letra clara e lexible. O que para ti é obvio e cres que se  entende pode non selo para quen corrixe o exercicio. Non amontoes as letras, nin as liñas escritas. Se non escribes claro, acabarás convertindo un 2 nun 7, perdendo un signo, ....e de aí ....ao caos!!
Separa en parágrafos as diferentes ideas ou os diferentes pasos dun problema.
Non fagas tachóns rechamantes. 


CONCÉNTRATE E ESFÓRZATE

Sobre todo pon os cinco sentidos no exame, non é o momento de pensar noutras cousas nin de facer por facer, un exame é un momento de esforzo máximo onde debes aproveitar todo o que sabes, o que estudiaches e ata o que intúes. Pasa de preguntarlle resultados aos compañeiros, ao mellor lles van mal e aumentará a túa inseguridade. Se  quedas en branco ou te lías nunha pregunta pasa a outra pregunta, xa volverás a esa ao final.
Se tes unha crise de ansiedade: para, relaxa, respira lenta e profundamente, controla os nervios e despois volve ao exame.
Se eres dos que copias, se sinceiro contigo mesmo e lembra as poucas veces que acadaches o aprobado copiando, quizais debas mudar de método!
ESFÓRZATE ao máximo, non deixes as cousas a medias, aprobar é estupendo, e a fronteira entre o aprobado e o suspenso pode estar na maneira de facer o exame.

29 may 2013

elemento neutro nun grupo




Este é outro monólogo que se presentou ao concurso de Famelab, neste caso Clara Grima chancea coa estructura alxébrica de grupo e coa existencia do elemento neutro nesta estructura. 
Estes conceptos agora non forman parte do curriculum do ensino secundario pero son ben sinxelos e están detrás de cada operación que facemos.
Un conxunto cunha operación ten estructura de grupo se a operación é interna nese conxunto e ademais cumpre a propiedade asociativa, ten elemento neutro e cada elemento ten simétrico.
O elemento neutro da suma de números reais é o 0 xa que a+0= 0+a= a sendo a calquera número real.
O elemento neutro do producto de números reais é o 1 xa que a·1=1·a=a sendo a calquera número real. 
O elemento neutro da suma de matrices de dimensión mxn é a matriz cero de dimensión mxn.
O elemento neutro do producto de matrices cadradas de orde n é a matriz identidade de orde n.
O elemento neutro da suma de vectores é o vector 0.
O coñecemento das estructuras alxébricas permítenos coñecer propiedades e sacar conclusións en operacións complexas e en conxuntos non numéricos. A estructura de grupo é case a máis sinxela, a máis básica. Iniciaron o estudio de grupos Gauss, Lagrange, Abel e  Galois.
Un tipo de grupos son os grupos finitos simples de orde dous, aquí vos deixo unha explicación en forma de canción para ir levando este fin de curso.:)

23 may 2013

Un teorema es para siempre



 "Un teorema es para siempre" monólogo gañador do concurso de monólogos científicos en España organizado por Famelab. Eduardo Sáenz de Cabezón é profesor de matemáticas na Universidade da Rioja.

6 mar 2013

um cesto, uma bola, .....um problema!

Así anunciaba 3x3, unha curtametraxe  de Nuno Rocha, realizador de Porto, que cando menos fáinos sorrir, :)

14 dic 2012

Números bonitos, feos e horribles, :)

O xornal El País xunto coa RSME organiza un novo concurso, neste caso ligado á lotería de Nadal, entre os  acertantes sortearanse libros matemáticos.

O problema a resolver é atopar cantos números bonitos hai entre os que entran no bombo do sorteo de Nadal, ou sexa entre os cen mil números que van do 00000 ao 99999.
Para que o criterio de bonito ou feo non sexa subxectivo, defínese  número bonito  ao que cumpre exactamente unha, e só  unha, destas tres condicións:
  • a) é  divisible entre 5,
  • b) dá resto 2 ao dividilo entre 7,
  • c) a suma das súas cifras é divisible entre 9.
Non se pode usar nen calculadora nen ordenador para resolvelo,  as solucións hai que mandalas a problemamatematicas@gmail.com    antes das 00.00 horas do sábado 22 de decembro.

Divertido e bonito enunciado. Claro  que habería que definir que é un problema bonito e divertido,:)

13 nov 2012

Asesinos matemáticos


















Entrevista con Claudi Alsina, realizada por TVE no programa "Para todos la 2", autor de "Los asesinos matemáticos atacan de nuevo".