28 jun. 2011

Un debate sen límite



Canción: Marful. Música: adaptación do twist "La luna tiene dos caras" do repertorio de Os Celestes de Ponteareas. Letra: Ugia Pedreira
Leverelem
É concepçom monoteísta
Pensar que existe umha só soluçom
É um conceito banal
O dividendo por baixo do divisor
É umha história perdida
A coeréncia de grande pensador
É um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom
É um debate sem limite como fazê-la perfeita.
É muito definitivo
Umha janela tapiada na habitaçom
É altamente agradável
Conhecer um valente que tenha valor
De feito é habitual
Nom dizer nada novo na conversaçom
É um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom
É um debate sem limite como fazê-lo perfeito.
Levere leverelem.

Rematou o curso, coa sensación de moitísimo traballo, de varios pequenos enfados,  algún desgusto, bastantes risas e sorrisos e coa sensación de que este traballo tamén é un debate sen límite entre o que queremos os profes e o que quere o alumnado.
Déixovos esta fermosa canción como despedida a todos/as os que me ledes e, sobre todo, aos meus alumnos e alumnas deste curso, que co seu interese me animaron a manter este blog.
Gozade do calor, das tormentas, dos amigos, das amigas, da familia, dos ligues, dos amores, da piscina, do mar, da montaña, dos pobos,... gozade dunha sucesión infinita de pequenas e grandes cousas agradábeis neste verán.
Ata Setembro.

1 comentario:

alvorota dijo...

Parabéns pola escolla para rematar e polo blog que foi medrando co curso até chegar a esta ferramenta útil, entretida e estéticamente bonita que é.
Supoño que o vindeiro curso máis. Estaremos agardando.
Bo verán para ti e toda a comunidade educativa do Otero.