As estatísticas son eses datos que nos certifican que a esperanza de vida ao nacer en Galicia é de 82,4 anos mentres que en Sierra Leone é de 48 anos. A estatística é un mar de datos, algúns ben curiosos pódelos atopar no blog que leva ese nome.
A estatística é esa ciencia que permite falar de futuro con datos do pasado e do presente. Vin que o IGE organiza unha xornada "Radiografía e perspectivas da cadea forestal-madeira en Galicia" que se celebra este venres en Santiago e levo unha alegría de que alguén fale de futuro, seguro que con coñecemento de causa.
Vou farta de "primas de riesgo", de recortes, de esixencias europeas, .........., a min interésanme outros temas: de que imos vivir? que vai producir Ourense? que imos consumir? en que sectores imos traballar? cal é a formación necesaria? en que poden buscar emprego os 40.000 ourensáns? Espero que desa radiografía sobre a cadea forestal saquen algunha conclusión esperanzadora e de non ser así espero que os políticos deixen xa de discutir sobre quen rouba máis e de esconder a súa mediocridade no ataque ao adversario. Necesitamos falar en serio do futuro e con datos por medio, seguro que a estatística pode aportar algo.

![]() |
Fonte de datos IGE |
No hay comentarios:
Publicar un comentario