21 sept. 2013

Hai que ir indo!


Cústame entender o significado ou o sentido da letra desta canción, supoño que o cambio xeracional distánciame da forma de expresarse da xente nova. Iso si, entendo ben as operacións da canción, :). En calquera caso a canción non está mal e con ela quero desexarvos que non teñades inseguridades matemáticas e que as vosas habilidades matemáticas non sexan terribles como di a canción. Que teñades un bo curso!

2 comentarios:

JJ dijo...

Pois benvida de volta, Conchi.
O tema da canción, non che sei, teño unha incapacidade natural para entender nada das tradicionais boy-bands. E por certo, para ser un dos dous fenómenos para teenagers máis grandes do mundo (o outro é o Bieber), non é un pouco cutre a produción do vídeo? Teño visto lip-dubs de institutos máis traballados...

conchi dijo...

Ola JJ, xa de volta eu tamén, a ver como nos vai este curso.
Non coñecía a este grupo pero sei que a algunhas das miñas alumnas lles mola moito, así que a ver se así me len, :)
Tes moita razón, cutre o vídeo, e xa postos a valorar: cutre a letra e cutre ese postureo tan "varonil" destes adolescentes, vin varias veces o vídeo fixándome nos xestos e posturas, ...... e como que cheira .., tampouco me gusta a imaxe que usan do home maior, en fin, eu son doutra época e gústanme outras poses, outras letras, outras imaxes e outra calidade....,
Menos mal que estás ti para tirarme da lengua, :)
que teñas un bo curso!!!