Se miramos nas propiedades do disco duro vemos que pon 37,2 GB = 39.950.188.448 bytes. Atopamos dous erros, un de escritura do número e outro de transformación de unidades.
O número 39 950 188 448 débese escribir sen puntos (lei medida).
37,2 xigabytes equivale a 37 200 000 000 bytes e non a 39 950 188 448 bytes; o xigabyte é unha unidade do SI e a súa equivalencia é 1 GB = 1000 millóns de bytes, xa que o prefixo xiga- ( giga en castelán) equivale a 10^9, segundo a normativa internacional.
De onde procede este erro? estase usando o sistema binario e nel as unidades se transforman segundo potencias de 2, e hai unha unidade parecida en valor ao xigabyte que sería a que equivalente a 2^30 bytes, o que pasa é que a esa unidade non se lle debe chamar xigabyte, desde o ano 1999 propúxose como novo nome o xibibyte, este nome propuxo a Comisión Electrotécnica Internacional na normativa IEC 60027-2.
39 950 188 448 bytes no sistema binario, que é o que se usa para estas medidas é igual a 37,2 xibibytes= 37,2 GiB, non xigabytes.
Estes erros son frecuentes e atoparedes mil exemplos, sobre todo onde se usen medidas binarias, non haberá erro cando estean usando o SI e se lle chame a 1000 bytes un quilobyte, que é o que é.
Tamén na rede atoparedes mil erros sobre o tema, pois a informacións que non estean actualizadas case seguro que son incorrectas. O que parece claro é que os "novos" nomes non deixan lugar á confusión e os que se usaron nun principio (e se seguen usando como vemos no exemplo) si dan lugar a mil confusións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario