3 feb 2011

Ordenadores na aula



As primeiras fotos e as primeiras impresións. Tivemos que resolver moitos problemas de intendencia, custounos ter un e-mail operativo, que si esqueciamos o contrasinal, que si non sabiamos como mandar as mensaxes,etc...Mila nolo conta "hola profe, hoy estuve toda la clase intentando abrir el gmail como ya sabes y hice algunas actividades y acerte bastantes que es raro en mi" Ahcene tamén nolo contou así "Hoy en la clase estuve atareado por que mi ordenador estaba en inglés, y no sabía cómo enviar mensajes. No tuve tiempo de hacer actividades, sólo de ver las instrucciones de cómo utilizar bien redes sociales etc." Marcos estivo 2 días traballando ao seu aire dirixido con instruccións dunha construción de Geogebra e contaba "Soy Marcos y conseguí hacer el polígono", Iñaki ten unha dúbida "Cando se fagan na casa actividades do ordenador ,¿ hai que mandarte un correo?" Ana contou " Hola hoy hice fracciones, en calculo mental fixen de tempo 52 e 20 acertos de 20" Oscar conta "hola, fixen as actividades e logrei conseguir dous trofeos sobrandome 21 segundos foi divertido e interesante" Vicente conta "Traballei moito e fixen moitos exercicios. Na de porcentaxe acertei 16 de 20 .Gustoume moito grazas"
Pola miña parte dicir que a min cóstame máis organizarme na aula e planificar as actividades, pero teño claro que estamos adquirindo competencias básicas, non só relacionadas coas matemáticas tamén coas TIC, coas habilidades sociais etc. Seguiremos observando.

2 comentarios:

Marga Alfonso dijo...

Ola, colega internauta!
Suscribo as túas reflexións sobre planificar as actividades, etc e gústame este Post, tanto as fotos (tan moi Juapiños e por fin sae Marcos, que nas miñas sempre está "missing") como as pinceladas de realismo ao presentar as opinións dos usuarios, :)), non hai que esquecer que eles son os que o están a experimentar en 1ª persoa. Eu tamén estou bastante satisfeita deste primeiro mes. Seguiremos nela e creo que estamos a contaxiar a outros/as.

PD. O rapaz que non sabía mandar mensaxes porque estaban en inglés non sería alumno meu, non sí? ¡JAJA!

conchi dijo...

Grazas Marga, os usuarios, :), está claro que están encantadísimos e nós tamén e iso xa é moi importante, estar a gusto nunha aula xa é unha grande aprendizaxe.
Vémonos, bicos