6 mar. 2012

Ou un ou o outro

Cóntame Blanca, a profe de música, que hai un debate na rede sobre cal destas calculadoras calcula ben. Parece que no debate van moi igualados, hai tantos a favor dunha como a favor da outra. Eu, de momento, vou dicindo que un dos resultados está mal, ou vale 1 ou vale 9, non hai outra !!! Podedes opinar, :)

5 comentarios:

JJ dijo...

A min sorpréndeme a incapacidade crecente que amosan os alumnos para aplicar a xerarquía de operacións. É curioso que no pasado, cando simplemente se facían cálculos mecánicos, os profesores obtiñan mellores resultados que na actualidade, cando tódolos profesores explicamos dalgún xeito os feitos. Isto dígoo cando pola mañá expliquei os produtos notables e había alumnos que entendían o (a+b)² e non (a-b)² . A razón non era a usual de tentar chantar -b no canto de b, erro ben coñecido, senón por "no entender nada, profe"

conchi dijo...

A miña desesperación máis grande non é a das xerarquías,iso vanno facendo. Iso si, despois de mil operacións realizadas na orde axeitada, chegamos ao final, a 7-9 e metemos a pata ata o fondo.
Pero a miña desesperación é que non consigo facerlles entender o significado do igual, digamos que dálles igual onde e cando usar o símbolo igual. Falo de 1º de ESO, e tamén rematan sempre co "non entendo nada" jesús que haberá que entender no de "ser igual que"?

conchi dijo...

Sobre as prioridades, a xente ten moitas dúbidas e mirando o que hai pola rede atopei repetidamente cousas como esta
"1. Resolver paréntesis, u otros símbolos. ( ) [ ] { }
2. Resolver exponentes o raíces.
3. Multiplicación y división de izquierda a derecha.
4. Suma y resta de izquierda a derecha. "
en páxinas de supostos "matemáticos" e non deixa de sorprenderme que a suma e resta haxa que facela de esquerda a dereita,:). A xente aprende regras, non as interioriza pero no fondo gústanlle tanto que ata as amplían, :)

conchi dijo...

Se poñedes en google "sumas y restas de izquierda a derecha" veredes que é un regra case universal, anaya, edad,colexios, profesores ... miles de páxinas poñendo unha aberración matemática, home non é que vaia mal pero sumar e restar pódese facer na orde que se queira, a gusto do consumidor. Falla a compresión das operacións.

JJ dijo...

Un dos erros máis típicos:
12-3+7=12-10=2!
(onde a admiración non é o factorial, senón a expresión da miña sorpresa, claro)
Eu sempre "explico" o caso de ter 10 euros e pagar dous bolos, cada un de 1'5 €. A operación nunha liña é:
10-2·1'5
Se fan o que lles pide o corpo, dá
8·1'5=12€, e acaban con máis cartos dos que tiñas!
Pero aínda así sigo buscando xeitos máis eficaces de traballar a xerarquía, pois o meu non dá os resultados esperados.