25 may 2013

Incrible?


Incrible parece que cualifiquen a  un enxeñeiro de telecomunicacións coma  unha mente privilexiada por realizar os seguintes cálculos: danlle unha matrícula dun coche e ten que supostamente dividir entre 9 a matrícula e calcular o resto. Non lle quito ningún mérito á esta persoa pero será por outras cousas, non por resolver este problema de primaria.
Pois si, evidentemente calcula  o resto en segundos porque para saber o resto dunha división entre 9 non é necesario dividir, basta sumar as cifras e ver a distancia ao múltiplo de nove anterior a esa suma. Por exemplo 3+5+8+3= 19, 19-18=1, polo tanto o resto é 1.
Por suposto que é normal que un enxeñeiro sume e reste fácil e rapidamente, debería poder facelo todo o mundo, que nos vendan isto como unha mente privilexiada dá idea de como vai este país, ASOMBROSO con maiúsculas di o presentador Sobera, asombrada estou eu!

1 comentario:

JJ dijo...

A min contáronme que nun concurso había un nacho que dividía entre 9 a moita velocidade, dando a entender que o que dicía era o cociente. Xa me cheiraba que ía ser o resto vía a suma dixital. Eu de feito, cando damos o criterio de divisibilidade por 9, fágolles un truco relacionado: dígolles a tódolos alumnos que pensen un número de 4 cifras e que lle resten a suma das súas cifras. Despois pídolles que me digan 3 das 4 cifras do resultado, na orde que queiran. A parafernalia de facelo a toda velocidade e a vintepico alumnos seguidos incrementa o impacto. Curiosamente o truco pode fallar...