Despido o curso cunha fermosa canción de Sés.
Pasade un bo vran!
18 jun 2014
17 jun 2014
diámetro, que diámetro?

Así describen este fermoso fruteiro nunha empresa de venta por internet.
Os erros, ás veces, están na matemática básica, na matemática fácil, nesa que se debía aprender en primaria pero que non sempre se aprende.
Vaise resolver iso con máis horas de matemáticas?, pois non, non se trata de dar máis horas, trátase de dar outras matemáticas, de outras maneiras e con profesorado con outra formación, pero deixo iso para o próximo curso, que xa vedes que este curso non estou moi bloguera.
13 mar 2014
Deriva!!
No que queda de curso, en 1º de bacharelato resolveremos case todo derivando. Este vídeo, pelín hortera, nolo lembra de forma bastante atinada, se non sabes que facer deriva!!, :)
27 nov 2013
Nicolas Bourbaki
Xa falei aqui da importancia dos matemáticos franceses e deixei daquela pendente un capítulo ben importante.
Nicolas Bourbaki é o nome dun grupo de matemáticos franceses fundado en 1935, naceu este grupo co obxectivo de elaborar un tratado que contivera de forma clara, precisa e sistemática todos os resultados básicos das teorías existentes na matemática pura.
Con esta esixencia de rigor propuxeron revisar os fundamentos das matemáticas. O grupo Bourbaki elixiu coma punto de partida, para a construcción da matemática, a lóxica formal, a teoría de conxunto e as estructuras. A primeira publicación do grupo foi "Elementos de matemáticas", que pretendía ser o fundamento coma no seu tempo fora os "Elementos" de Euclides.
Nicolas Bourbaki é o nome dun grupo de matemáticos franceses fundado en 1935, naceu este grupo co obxectivo de elaborar un tratado que contivera de forma clara, precisa e sistemática todos os resultados básicos das teorías existentes na matemática pura.
Con esta esixencia de rigor propuxeron revisar os fundamentos das matemáticas. O grupo Bourbaki elixiu coma punto de partida, para a construcción da matemática, a lóxica formal, a teoría de conxunto e as estructuras. A primeira publicación do grupo foi "Elementos de matemáticas", que pretendía ser o fundamento coma no seu tempo fora os "Elementos" de Euclides.
O grupo
mantivo unha actividade continua cos seus secretos, reunións e divertimentos. Houbo varias versións sobre a orixe do nome do grupo, ningunha confirmada, si se sabe de numerosas bromas en torno ao nome, unha delas dicir que era un matemático dun país inexistente, Poldavia. O grupo tiña entre 10
e 20 membros, mantiñan
en secreto quen formaba parte do grupo e non se sabe que houbera ningunha muller. Fixaron os 50 anos
como idade máxima para formar parte do grupo. Hoxe sábese que os membros fundadores foron Henri Cartan,
Claude Chevalley, Jean Coulomb, Jean Delsarte, Jean Dieudonné, Charles
Ehresmann, René de Possel, Szolem Mandelbrojt e André Weil, todos antigos alumnos da Escola Normal Superior de París.
A súa
influencia nas matemáticas contemporáneas foi fundamental, desde os anos 50
pode dicirse que a esixencia de rigor foi aceptada universalmente nesta ciencia,
así mesmo comezou unha expresión totalmente nova das matemáticas, os textos
actuais nada se parecen aos anteriores a este grupo. Un dos méritos deste grupo
foi precisamente o seu traballo como grupo, insatisfeitos cos manuais que había
naquel momento decidiron escribir eles mesmos os textos para usar nas súas
clases, repartiron o traballo, reuníanse de forma habitual nun restaurante
do barrio Saint Michel de París, e tamén no vran, no que se considera o inicio
dos congresos Bourbaki. Nestas reunións repartían traballo, discutían, revisában
textos, etc.....os textos publicados debían acadar unanimidade no grupo. Foi un traballo sistemático e compartido e sempre asinado por Nicolás Bourbaki.
Debemos
a este grupo notación e símbolos matemáticos como ∩ ,∪,∅, x∧y,...vocabulario matemático como "supraxectiva" e "bixectiva" ,.....
A obra de Bourbaki influíu na forma de ensinar
matemáticas con resultados non sempre positivos. Botóuselle en cara ao grupo
Bourbaki a introducción da "matemática moderna" en primaria e
secundaria nos anos sesenta. Neses anos modificáronse totalmente os programas
de matemáticas e introducíuse neles a teoría de conxuntos. Os libros de
texto enchéronse de aplicacións, inxectivas, bixectivas, sobrexectivas, de
productos cartesianos, de relacións simétricas, antisimétricas, transitivas, de
conxuntos disxuntos, de símbolos, de diagramas de Venn,.... e, polo contra, perdeu
peso a xeometría, o debuxo e a intuición.
Un dos membros de grupo, Dieudonne, defendeuse desta
acusación dicindo que os seus textos ían dirixidos ao matemático
profesional, “Non se pode facer responsable a un autor polo uso que
algunhas persoas fagan de súa obra, para xustificar teorías ou accións que el
nunca defendeu”
A miña formación matemática é bourbakiana, de feito
estudiei o bacharelato entre 1969 e 1975 e daquela un número enteiro era
unha clase de equivalencia, :)
No meu caso non tivo consecuencias graves, pois a min gustábanme
as mates e entendía incluso isto, pero esta forma de enfocar as matemáticas só serven para un
reducido grupo de persoas, as que adoran esta materia. Tanto
formalismo, tanta notación, tanto rigor, crea unha barreira que dificulta a comprensión da materia, barreira insuperable para algúns alumnos e alumnas.
Manuel Prieto Alberca, catedrático da politecnica de Madrid, escribe esta carta a Bourbaki, na que fala do amor e do odio que xerou o grupo Bourbaki.
Manuel Prieto Alberca, catedrático da politecnica de Madrid, escribe esta carta a Bourbaki, na que fala do amor e do odio que xerou o grupo Bourbaki.
25 nov 2013
45
63 mulleres asasinadas no que vai de ano. Segundo o goberno, 45 foron víctimas da
violencia machista, as outras 18 están en proceso de investigación, moito me
temo que o machismo chegue tamén ata a forma de contar as víctimas.
Nesta
pirámide da violencia quero este ano quedarme co machismo invisible, invisible
para quen non o quere ver. Quizais deberiamos referirnos a el, non como
machismo invisible, senón coma machismo consentido, pois somos consentidores de
chistes sen gracia, de frases insultantes, de sms intolerables, consentimos que
non nos respecten, consentimos que non nos traten coma a iguais,........
A
maiores, no mundo dos adolescentes o machismo atopou un cómplice na masa das redes: moitos dos nosos alumnos seguen a "trolls"
que xeran pensamentos profundamente ofensivos coas mulleres, o anonimato na
rede fai que sexa fácil emitir valores, frases que ninguén se atrevería a
repetir diante de persoas, a facilidade de mandar un sms ameazante sen ni sequera
ter que ver a cara de quen o le, a facilidade de poñer me gusta sen
reflexionar e que nos leva a poñer me gusta naquelo que nunca nos gustaría que
nos pasara a nós, en twiter exhíbese, parece que con orgullo, o nick
"convdeviolarte", si, e ten máis de 70 000 seguidores e supoño que a ningún lle
pareceu mal ese nick, machismo consentido, machismo nos nomes, nos
adxectivos, machismo no pensamento, machismo exhibido comodamente nas redes, en fin, machismo sen contrapeso.
Só
derribaremos a pirámide da violencia se tiramos os cementos e parece que imos ao revés. Mágoa!!
6 nov 2013
Chámalle xe
Semana
de actividades moi interesantes en Galicia sobre as matemáticas.
Hoxe
na facultade de matemáticas de Santiago estase desarrollando unhas
xornadas sobre léxico matemático en galego. Eu son das que aínda lle
chamo equis, creo que xa incorporei todo o léxico matemático galego pero
resístese o "xe". A ver se logo, :)
O
sábado 9 de Novembro celébrase na Coruña unha
xornada sobre o ensino da estatística, esa grande esquecida na ESO.
Por
último celébrase esta semana o día da ciencia en galego
dedicado ao arquitecto BuckminsterFuller, a enfermeira e matemática FlorenceNightingale e ao artista e científico galego, creador de Sargadelos, Isaac Díaz Pardo.
Aquí
vos deixo unha película baseada na vida de Florence Nigtingale, considerada
pioneira na aplicación da estatística na saúde pública e considerada unha das
grandes no mundo da estatística.
2 nov 2013
25 oct 2013
PIPAS
Pipas é una curtametraxe de Manuela Moreno, nesta páxina de divulgamat podes ler unha interesante entrevista á autora. Na curta dúas amigas falan dun alumno que volve ao ensino en busca do título da ESO.
Este curso traballo no nocturno, onde a realidade é diversa: alumnos que van e veñen, que traballan de vez en cando, que levan anos desconectados do ensino, que andiveron polos ciclos medios, polos PCPI, pola ESA e que agora queren sacar o título de Bacharelato, alumnos rebotados do diurno, ...., alumnos que deixaron as mates case de última materia para sacar o título. O dito, unha realidade diversa e ao mesmo tempo unha realidade educativa gratificante para o docente, pois dá a impresión de que aqui ninguén está por estar, están por algo e están voluntariamente, intentando compaxinar vidas de adultos con un ensino regrado. Un placer para min traballar nestas condicións. Para celebralo e recuperar o humor despois da folga, esta agradable curtametraxe que tivo os premios a mellor guión e mellor dirección na XI edición do Notodofilmfest.
)
23 oct 2013
Folga contra a LOMCE
O xoves estarei en folga e
perderei o salario do día por varios motivos, uns de cabreo xeral e outros por desacordo coa
nova lei que se está a tramitar.
O meu cabreo xeral é que estou
farta de mentiras, o ensino non mellora reducindo profesores, o ensino
non mellora aumentando o número de alumnos nas aulas, o ensino non mellora se
damos materias das que non somos especialistas, o ensino non mellora se non hai xestión democrática nos centros, o ensino non mellora se os gobernos nin sequera intentan o consenso nunha lei educativa, cada goberno
fai a súa para un par de anos ou como moito para 4 anos.
Deixo de último
cabreo, pero non menos importante, que nos últimos 3 anos aumentáronme as horas
de traballo e baixáronme o salario, que o ano pasado non cobrei unha extra e
que este ano no vrao só cobrei media extra e no Nadal só cobrarei media extra,
ou sexa máis do mesmo pero disimulado, volvéronme a quitar unha paga extra.
O relatorio anterior ven
sendo as medidas que se están aplicando nos centros nos últimos 3 anos, e
chaman a nova lei, lei de mellora da calidade da educación, o que hai que
aguantar!!!
Vamos a lei:
Dúas reválidas: unha en cuarto da
ESO para sacar o título, outra ao rematar o bacharelato para sacar o título.
Poñer unha reválida é desconfiar da avaliación que fai o profesorado, poñer
unha reválida é uniformar o ensino, uniformar as aulas, poñer unha reválida é
seleccionar ao alumnado, poñer unha reválida pode ser o negocio dalgúns, poñer
unha reválida condiciona o traballo docente no día a día, dificulta a liberdade
na aula e dificulta o poder realizar actividades diferentes. A min gústanme as
diferencias, non me gustan os uniformes.
Dobre titulación na ESO: unha
para FP e outra para Bacharelato. O ensino obrigatorio non debe dar diferentes
titulacións, se é obrigatorio debe ser
igual para todos.
A relixión sube de categoría e convértese
nunha materia optativa, no mesmo nivel de importancia que a 2ª lingua estranxeira
ou debuxo técnico. Non sei que adxectivo pórlle a este apartado, pero el
só é motivo para ir á folga.
Desaparecen no bacharelato
materias coma Electrotecnia, Métodos estatísticos e numéricos, outra
vez uniformes!!, a min gústame a
variedade. A desaparición de métodos estatísticos e numéricos neste mundo de sondaxes, de estudios de mercado, de
avaliacións,... non a entendo.
En terceiro e cuarto de ESO diferencian
dous tipos de matemáticas: a unha chámanlle académicas e a outra aplicadas. Que
pouca reflexión!, evidentemente o curriculum das matemáticas necesita unha
reforma urxente, pero a estas alturas de desarrollo tecnolóxico, non deberían
ser todas as matemáticas aplicadas?
No bacharelato de sociais desaparecen as
matemáticas aplicadas ás ciencias sociais coma materia obrigatoria de
modalidade e pasa a ser optativa, quedando o latín coma obrigatoria de
modalidade, sexamos serios!!!!!!!!!!!, pode que as matemáticas non teñan que
ser obrigatorias pero que o latín sexa o obrigatorio a costa das matemáticas cústame
asumilo!!, ata podería entender que puxeran obrigatoria unha literatura, a
historia do mundo, a economía ou unha historia da arte,... pero o latín!!!!!!!!!
tampouco vou poñer adxectivos.
Pareceume grave cando di que 1º
de ESO pódese organizar por ámbitos para facilitar a integración dos alumnos de
primaria, máis ben penso que será para aforrar cartos e usar un profe para dar
varias materias, din moitos anos 1º de ESO e nunca vin problemas que necesiten
esta medida.
Na lei hai máis cambios, adiantase a diversificación a 2º de ESO, cambia a FP,....Non sei valorar alguns deses
cambios, tería que escoitar opinións a favor e en contra argumentadas e
contrapostas, pero non houbo debate, na tramitación desta lei só houbo insultos
ao profesorado, insultos aos nosos idiomas, prepotencia e imposición. Faltou
e falta cultura democrática, a ver se a adquirimos coa relixión!!!
15 oct 2013
Exames
LER, PENSAR, ORGANIZAR, DECIDIR, OPERAR, CONTESTAR
Bótalle un vistazo xeral ao exame e empeza pola pregunta que teñas mellor preparada ou que che pareza máis fácil. Para chegar ao 10 hai que primeiro sacar un 5 e se estudiaches chegar ao 5 é fácil, só hai que porse. Cando teñas o 5 asegurado vai polo 10!
En cada pregunta ou exercicio, le coidadosamente o enunciado antes de empezar a contestar. Unha vez lido o enunciado pensa ben o que tes que facer antes de porte a operar ao tolo. Nos problemas é fundamental comprender o enunciado: se é necesario, le dúas veces o problema. Busca unha estratexia ou método para resolver o problema. Aplica paso a paso a estratexia ou método de resolución. Realiza coidadosamente os cálculos. Finalmente contesta claramente ao que che pregunten.
![]() |
Ás veces non hai que calcular para contestar ás preguntas, :) |
En cada pregunta ou exercicio, le coidadosamente o enunciado antes de empezar a contestar. Unha vez lido o enunciado pensa ben o que tes que facer antes de porte a operar ao tolo. Nos problemas é fundamental comprender o enunciado: se é necesario, le dúas veces o problema. Busca unha estratexia ou método para resolver o problema. Aplica paso a paso a estratexia ou método de resolución. Realiza coidadosamente os cálculos. Finalmente contesta claramente ao que che pregunten.

Antes de facer unha simplicación, ¡¡¡reflexiona!!!
COIDA A PRESENTACIÓN DO EXAME

Separa en parágrafos as diferentes ideas ou os diferentes pasos dun problema.
Non fagas tachóns rechamantes.
Sobre todo pon os cinco sentidos no exame, non é o momento de pensar noutras cousas nin de facer por facer, un exame é un momento de esforzo máximo onde debes aproveitar todo o que sabes, o que estudiaches e ata o que intúes. Pasa de preguntarlle resultados aos compañeiros, ao mellor lles van mal e aumentará a túa inseguridade. Se quedas en branco ou te lías nunha pregunta pasa a outra pregunta, xa volverás a esa ao final.
Se tes unha crise de ansiedade: para, relaxa, respira lenta e profundamente, controla os nervios e despois volve ao exame.
Se eres dos que copias, se sinceiro contigo mesmo e lembra as poucas veces que acadaches o aprobado copiando, quizais debas mudar de método!
ESFÓRZATE ao máximo, non deixes as cousas a medias, aprobar é estupendo, e a fronteira entre o aprobado e o suspenso pode estar na maneira de facer o exame.
Se tes unha crise de ansiedade: para, relaxa, respira lenta e profundamente, controla os nervios e despois volve ao exame.
Se eres dos que copias, se sinceiro contigo mesmo e lembra as poucas veces que acadaches o aprobado copiando, quizais debas mudar de método!
ESFÓRZATE ao máximo, non deixes as cousas a medias, aprobar é estupendo, e a fronteira entre o aprobado e o suspenso pode estar na maneira de facer o exame.
10 oct 2013
froitas e xeometría
Şakir Gökçebağ
é un artista turco que fai fotografías e instalacións artísticas con obxectos
cotidianos. Entre os seus traballos hai un ben curioso, no que constrúe
perfectas figuras xeométricas usando froitas e outros alimentos. Mirade o que
fai con xudías, pementos, sandías e mazás.
9 oct 2013
O recibo da luz
![]() |
Gráfico do meu recibo da luz do mes de xullo |
Esta hoxe o país escandalizado
porque non entendemos os gráficos do recibo da luz, coma se iso fora moi
doado.
Vou intentar explicar o gráfico
que me mandou Fenosa - Gas natural no mes de xullo deste ano. Coma unha imaxe
vale máis ca mil palabras, a cousa está bastante clara, eu en xaneiro non
cociño nin poño a lavadora nin prendo as luces, menos mal ca calefacción téñoa
de gasóleo así que frío non paso, sen embargo no mes de marzo non sei que fago,
debo ter o forno acendido todo o día.
En fin, ironías aparte, é
imposible entender este gráfico por varias razóns, en primeiro lugar no eixe OX
non respecta a escala, ás veces hai un mes, ás veces 2, ás veces 3 meses. Ademais
é un gráfico de facturación non de consumo, e xa se sabe que as eléctricas
facturan cando e como lles peta, así que a imaxe do gráfico non ten nada que
ver co meu consumo, ten que ver coas datas en que eles len contadores e co período
entre lecturas e ata hai pouco coas estimacións de consumo que a compañía facía.
Así que, en resumo, ese gráfico non vale para nada. Non vos preocupedes se non o entendedes!!!
Imos ver se damos
entendido o recibo, o
mesmo do mes de xullo.
No meu caso teño contratado 3,3 kW
que custan 0,059981 euros por kW e día, así que me facturan 58 días que dan un
parcial de 3,3x0,059981x58= 11,48 ( por que usarán tantos decimais se queren que
a xente entenda os recibos?)
O meu consumo foi de 154 kwh,
pero coma deberon subir as tarifas no medio do período, cóbranme 125 kwh a
0,138658 euros/kwh e os outros 29 kwh a 0,140728 euros/kwh o que dá 125x
0,138658= 17,33 29 x 0,140728= 4,08
Cóbranme 1,14 euros polo aluguer
do equipo?
O imposto eléctrico cóbrase en
dúas fases,
· fase
1: multiplícase o consumo máis o contratado x 1,05113 ( ou sexa todo o anterior
agás o aluguer do equipo) (11,48+17,33+4,08) x 1,05113 = 34,57
·
fase
2: págase o 4,864% desta cantidade 34,57 que queda 1,68
Finalmente cóbrase o 21% de IVE
da suma do todas as cantidades anteriores
21% (
11,48+17,33+4,08+1,14+1,68)= 7,5
total factura
11,48+17,33+4,08+1,14+1,68+7,5= 43,21
Efectivamente a factura da luz
pódese entender, se se ten paciencia para manexar miles de números decimais, se
se le o BOE para estar ao día de tarifas que cambian cada mes, se se asume que
para cobrar impostos dean tantas voltas, .....Pero a pesar de todo, solo son sumas e
productos, pódese entender.
Pero entenderíase mellor se non
mudaran as tarifas no medio dun período de facturación, incluso se non se
mudaran as tarifas 20 veces ao ano como fan ultimamente, entenderíase mellor se
non cobraran no mesmo recibo dous impostos e un deles cunha fórmula en dúas
fases ben rebuscada, entenderíase mellor con menos decimais, entenderíase
mellor si a letra dos recibos fora máis grande.
Eu non vou negar que o nivel en
matemáticas en España sexa malo, seguro que o é, pero non por isto, se a xente
non entende o recibo da luz a culpa é das eléctricas que fan recibos imposibles
de entender, se a xente non da comparado as ofertas de telefonía é porque as empresas de telefonía o queren así, para que o consumidor
estea indefenso. Vivimos nun mundo en que as grandes empresas abusan do
consumidor e unha forma de abusar é
facer difícil o fácil. Vivimos nun mundo onde a transparencia non existe e complicamos as tarifas ata o infinito para que o consumidor non saiba escoller. A culpa non é das mates.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)