![]() | |||||
datos respostas proba A de matemáticas |
Os días 11 e 12 de Maio vanse realizar de novo as probas para a avaliación de diagnóstico.
Este curso avaliaranse as competencias lingüística, matemática e de coñecemento e interacción co mundo físico.
Vou lembrar a anterior e única proba que se fixo en Galicia hai 2 anos para avaliar a competencia matemática en 2º de ESO.
A dificultade xeral da proba de matemáticas pódese ver nos informes de resultados, dos que extraio as táboas adxuntas onde código 0 é a porcentaxe de alumnado de todo Galicia que respondeu mal á pregunta. Escandalosos os resultados, hai preguntas cun 70% de alumnado que non a sabe responder correctamente, a maioría das preguntas son respondidas incorrectamente por máis da metade do alumnado de Galicia. Non traballamos as matemáticas nas aulas? ou traballámolas mal? ou a proba era un despropósito? eu inclínome pola terceira opción.
A proba deseñada (opción A, opción B) para avaliar a competencia matemática constaba de 21 exercicios tipo test a realizar en 60 minutos sen calculadora. Menos de 3 minutos para cada cuestión, para ler, decidir o procedemento axeitado, buscar datos, operar e responder, e moverse (que o alumnado de 12 e 13 anos móvese), pouco, moi pouco tempo.

AGAPEMA na valoración desta proba. pediu que se melloren as seguintes, pois iso, esperemos que na proba deste curso impere o sentidiño e midan o que queren medir con probas axeitadas ao nivel, ao curriculum e as competencias básicas e, por soposto, que deixen utilizar a calculadora, paréceme un desfase ter ordenadores na aula e non poder usar calculadora nunha proba deste tipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario