Este vídeo, fragmentos da actuación do Cuarteto Quiroga no Paraninfo do noso instituto, demostra que estamos rodeados de beleza, a da música e a da arquitectura únense nos concertos Sen batuta. Con estas imaxes e son, quero desexarvos felices festas.
22 dic 2011
19 dic 2011
Banda de Moebius
foto de Madeleine Shepherd |
A banda de Moebius é unha figura matemática ben peculiar, ten unha única cara e un único borde. Úsase ás veces en números de maxia pois ten propiedades sorprendentes. Se constrúes unha banda de Moebius e a cortas lonxitudinalmente pola metade, que obtés? e se a divides lonxitudinalmente en tres partes iguais? solucións.
A banda de Moebius tense usado na escultura, en logotipos, en correas transportadoras, pero nestas xeadas a aplicación máis práctica pode ser unha boa bufanda.
Se queres saber máis sobre esta banda, podes consultar este documento de Marta Macho, profesora de matemáticas na universidade do país vasco.
Se queres saber máis sobre esta banda, podes consultar este documento de Marta Macho, profesora de matemáticas na universidade do país vasco.
14 dic 2011
Barómetro real
Chiste de Davila |
Fonte: CIS |
No xornais de hoxe aparece unha valoración feita pola casa real sobre como fai as enquisas o CIS. No xornal Público redáctana así: "Desde la Casa Real también se ha aludido a la última encuesta del CIS, en la que se detecta una caída en la valoración de la institución. En este sentido, desde Zarzuela lo atribuyen a causas propias y a la forma en las que el CIS realiza las encuestas".
Sorprendente a valoración que fai a Casa Real poñendo en dúbida a obxectividade ou profesionalidade dun organismo oficial, dependente do ministerio de presidencia, como é o CIS (Centro Investigacións Sociolóxicas).
O barómetro do CIS é un estudio estatístico realizado mensualmente para pulsar o estado de opinión dos cidadáns. Nos diferentes barómetros hai preguntas fixas e outras que mudan, periodicamente repítense diversas preguntas, unha das que se repite é a de valoración das institucións por parte dos cidadáns. As dúbidas da casa real sobre como realiza o CIS o estudio pode deberse á metodoloxía que usa ou a forma de realizar á pregunta. A metodoloxía que usa o CIS vese na ficha técnica e eu desde logo non vou poñela en cuestión. A pregunta concreta sobre a casa real é impecable, mándase puntuar a institución de 0 a 10 e calcúlase a media a a desviación típica. Esta pregunta formúlase sempre da mesma maneira.
Fonte CIS |
30 nov 2011
Poeta da xeometría
Así definen na páxina oficial a Eusebio Sempere, pintor e escultor alacantino, que viviu entre 1923 e 1985. Representa un dos máis importantes artistas da op-art (arte óptica) en España, coa repetición de liñas, o uso da cor e uso de figuras xeométricas simples produce nas obras sensación de movemento, algo que temos visto nas ilusións ópticas. Foi pioneiro en usar o ordenador con fines artísticos, técnica que desarrollou no Centro de Cálculo de la Universidade de Madrid. E tamén, foi un dos impulsores do Museo de esculturas ao aire libre da castellana de Madrid.
O que me impresiona de Sempere é a forma que ten de describir as paisaxes, as estacións, a cidade, .... aí é onde eu lle vexo a poesía, como nestas dúas obras "Otoño" e "Primavera". A xeometría véxoa en todas as súas obras.
O que me impresiona de Sempere é a forma que ten de describir as paisaxes, as estacións, a cidade, .... aí é onde eu lle vexo a poesía, como nestas dúas obras "Otoño" e "Primavera". A xeometría véxoa en todas as súas obras.
29 nov 2011
Non hai física sen matemáticas
Á última seguidora deste blog gústalle o cine, seguro que lle gusta esta estupenda escena da película "Un tipo serio" dos irmáns Coen, que vin no blog matemáticas de cine.
26 nov 2011
Xeometría, Arte e Natureza
Precioso vídeo realizado no IES María Soliño de Cangas, entre os autores está Trini, excelente profesora que algúns alumnos e alumnas deste centro lembraredes.
22 nov 2011
54
O 25 de Novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. Buscando imaxes para esta entrada, atopei este cartel do Concello de Xixón. Gustoume o lema "El amor no duele", efectivamente, as relacións amorosas son elixidas voluntaria e libremente e teñen un obxectivo pracenteiro polo tanto non poden doer, se doen algo vai mal. É posible que a dor se deba a que non es ben tratada, a que te humillan, te amenazan, te controlan, te insultan, te menosprezan .. Cómpre, pois, que analices as causas do teu malestar e da túa dor. Se atopas algún indicio de maltrato, lembra que só hai unha alternativa, non creas que vai cambiar, se te maltrata déixao á primeira sinal, é o único camiño cara a túa felicidade e a túa liberdade.
54 mulleres asasinadas no que vai de ano, miles de denuncias e miles de silencios son motivos para estar alerta.
Déixovos unha triste canción de Haze "Rompe tu silencio", onde describe os sentimentos dunha maltratada.
54 mulleres asasinadas no que vai de ano, miles de denuncias e miles de silencios son motivos para estar alerta.
Déixovos unha triste canción de Haze "Rompe tu silencio", onde describe os sentimentos dunha maltratada.
19 nov 2011
IMAGINARY
Imaginary é unha exposición Itinerante coa que a RSEM ( Real Sociedade Española de Matemáticas) celebra o seu centenario. Neste vídeo da UNED podemos acercarnos un pouco ao que é a exposición.
14 nov 2011
Eleccións xerais
Propostas de modificación da lei electoral española:
proposta 1 de profesor@s de UAB e do CSIC
proposta 2 de profesor@s da Universidade de Granada
Proposta 3 de Rafalillo
9 nov 2011
4 >5
Evidentemente 4 non é maior que 5, trátase, polo tanto, de averiguar onde está o razonamento incorrecto neste proceso.
O alumnado que deu inecuacións e logaritmos debería sabelo, así que espero respostas.
8 nov 2011
4 nov 2011
XIX Concurso Canguro Matemático 2012
Acaba de convocarse a inscrición no Canguro Matemático, unha proba de matemáticas, tipo test, que se celebra en todo Europa. A proba será o xoves 15 de Marzo de 2012 á tarde.
O ano pasado participaron máis de 6.000.000 de alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato.
Esperamos que vos animedes a participar nesta proba que sempre ten problemas de moito enxeño. O curso pasado, o alumnado do noso instituto obtivo moi bos resultados e este curso aínda podemos mellorar, :)
Aquí tendes as probas doutros anos e máis información.
Ciencia en galego?
Hoxe celébrase o II Día da ciencia en galego, dedicado ás mulleres na ciencia, en particular, a Marie Curie e María Wonenburger.
Os estudiantes e profesores de matemáticas temos moita sorte, pois, podemos estudiar, consultar ou ler a nosa materia case en calquera idioma; as matemáticas usan o seu propio idioma, un idioma universal, claro e preciso.
Os galeg@s temos tamén moita sorte de ter un idioma que nos enriquece e que nos achega a outros moitos idiomas, coma ao deste divertido vídeo brasileiro sobre a vida de Marie Curie.
A resposta ao título do post está ben clara, ciencia en galego, en castelán, en portugués, en francés, .. en cada lugar no seu idioma. Aquí en galego.
Os estudiantes e profesores de matemáticas temos moita sorte, pois, podemos estudiar, consultar ou ler a nosa materia case en calquera idioma; as matemáticas usan o seu propio idioma, un idioma universal, claro e preciso.
Os galeg@s temos tamén moita sorte de ter un idioma que nos enriquece e que nos achega a outros moitos idiomas, coma ao deste divertido vídeo brasileiro sobre a vida de Marie Curie.
A resposta ao título do post está ben clara, ciencia en galego, en castelán, en portugués, en francés, .. en cada lugar no seu idioma. Aquí en galego.
26 oct 2011
24 oct 2011
Un número chamado e
Parece que se falamos do número e, tamén temos que falar de Euler, ao que debemos dúas grandes fórmulas.
A Identidade de Euler está considerada como unha das máis fermosas igualdades matemáticas, relaciona as cinco constantes numéricas máis populares, os números 0, 1, π, e, i,
Igual de importante e sinxela a Fórmula de Euler, que relaciona, nun polígono convexo, o número de caras (C), o número de vértices(V) e o número de arestas (A):
Do número e podes saber neste vídeo, da colección Máis por menos que fixo Antonio Perez para TVE no ano 1996.
Do número e podes saber neste vídeo, da colección Máis por menos que fixo Antonio Perez para TVE no ano 1996.
Para saber das aportacións de Euler á ciencia escoita este audio do programa "A hombros de gigantes".
20 oct 2011
Bat bi hiru lau
A letra da canción "baga , biga, higa, laga ..." repite unha secuencia baseada nos números: un , dous, tres, catro... ( bat, bi, hiru, lau...en euskera ) e din que ten a súa orixe nun conxuro pronunciado polos aquelarres. Despois converteuse nunha canción popular vasca que as nais e avoas ensinaban aos nenos para que aprendesen a vocalizar correctamente. Mikel Laboa popularizouna e no documental "La pelota vasca" Julio Medem fixo esta montaxe impresionante. A forza que transmite é a necesaria para xestionar a paz, hoxe que ETA deixou as armas. Non podo menos que celebrar esta noticia eu que tanto quero a ese país que foi o meu durante 20 anos.
Napier
John Napier dálle o nome aos logaritmos neperianos. Napier inventou un ábaco para calcular productos e cocientes de números. Os "Huesos de Naiper" constan de 10 varas correspondentes aos díxitos 0 a 9. En Cada vara aparecen os múltiplos do número que encabeza a táboa, separando os díxitos coa diagonal. Con este sinxelo ábaco pódense realizar complexos productos e divisións de números de varias cifras. Este aparato foi un precedente da calculadora.
Para entender como se realizan os productos e divisións basta ler con atención este artigo do xornal El Mundo.
Neste audio do programa "A hombros de gigantes" de RTVE podedes escoitar a biografía de Napier, un tipiño moi, moi raro, :)16 oct 2011
11 oct 2011
O censo que xa non é un censo
O INE ( Instituto Nacional de Estatística) vai realizar o censo de poboación 2011. Os censos teñen como obxectivo o reconto da poboación do estado e o coñecemento da súa estructura, para elo realizábanse enquisas en todos os domicilios do estado cuns cuestionarios sobre idade, sexo, nacionalidade, estado civil, formación, actividade económica, relacións parentesco entre os que viven nesa vivenda, características da vivenda, …, todo, preguntaban todo, pois tratábase de facer un retrato axustado das condicións de vida dos cidadáns españois.
O censo realizábase cada 10 anos desde 1877. Este ano por primeira vez vaise realizar unha mostraxe en lugar do censo universal e farase o cuestionario só a unha mostra do 10% da poboación, uns 3 millóns de vivendas.
O motivo dado polo INE para este cambio e a necesidade de aforrar en tempos de crise, de feito este ano só van contratar 4 000 enquisadores fronte aos 40 000 contratados para a realización do último censo de 2001. Tamén alega o INE que outros países Europeos están realizando este tipo de modificacións.
O motivo dado polo INE para este cambio e a necesidade de aforrar en tempos de crise, de feito este ano só van contratar 4 000 enquisadores fronte aos 40 000 contratados para a realización do último censo de 2001. Tamén alega o INE que outros países Europeos están realizando este tipo de modificacións.
A medida esta xerando polémica entre estatísticos e sociólogos. O que está ben claro é que o nome non pode ser censo, cando o que fai o INE é unha mostra e unha inferencia dos datos obtidos na mostra.
Noticia en EL País
Para ver como cambiou España nos últimos 150 anos, pódese consultar este interesante documento.
Para ver como cambiou España nos últimos 150 anos, pódese consultar este interesante documento.
6 oct 2011
Os nosos números
Pirámide de poboación para Galicia no ano 2008. Fonte IGE |
Estes días na prensa falan de pagas de 20 millóns de euros e a min mesma éme difícil facerme unha idea de canto significa realmente esa cantidade, manexamos os números en abstracto pero moitas veces cando nos mandan concretar non sabemos asignar cantidades razoables a cousas reais.
Na aula isto vese a diario, se lle preguntamos a un alumno cantos habitantes ten Ourense pode responder calquera cousa, por iso pensei facer un post de números, de cantidades reais. Escollín datos ou moi significativos ou que a min me interesan, espero que a vos tamén. Se vos interesan outros datos, podedes ver aqui un resumo da situación de Galicia no 2011.
Na aula isto vese a diario, se lle preguntamos a un alumno cantos habitantes ten Ourense pode responder calquera cousa, por iso pensei facer un post de números, de cantidades reais. Escollín datos ou moi significativos ou que a min me interesan, espero que a vos tamén. Se vos interesan outros datos, podedes ver aqui un resumo da situación de Galicia no 2011.
Dicir que cando vemos aí que o ingreso medio por fogar en Galicia é de 2010 €, temos que saber que para o cálculo desa media tívose en conta os ingresos nos fogares dos "altos financeiros" e similares; eses claramente soben a media, faltaríanos saber a desviación típica ou algunha outra medida da dispersión deses ingresos medios. Todos os datos están sacados do IGE (Instituto Galego de Estatística).
Habitantes Galicia: 2 794 516
Superficie: 29 574,8 km²
Saldo migratorio: 6 647
Número medio de fillos por muller: 1,1
Taxa de actividade 54,6%
Taxa de paro 15,4 %
Taxa de risco de pobreza 14,32 %
Ingresos medios mensuais por fogar: 2 010 €
Esperanza de vida ao nacer dos homes: 78,3 anos
Esperanza de vida ao nacer das mulleres: 85,1 anos
Número de médicos colexiados: 5 293
Parque de vehículos: 1 873 069
Centros públicos de ensino non universitario: 1 168
Profesoras de ensino non universitario: 25 702
Profesores de ensino non universitario: 11 872
Alumnado no ensino non universitario: 372 885
Alumnado no ensino non universitario en centro públicos: 272 875
Poboación Concello Ourense: 108.673
Superficie queimada en Galicia en 2010: 14.807,34 hectáreas
Acidentes laborais mortais en 2009 en Galicia: 74
28 sept 2011
Conectad@s
Este traballo foi realizado por Florina, Michaella, Mariana, Yelco e Alex para participar no I Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos. Un traballo moi interesante sobre o uso que fai de internet o alumnado de ESO do IES Otero Pedrayo. Aqui podedes ver o estudio completo.
21 sept 2011
FOLGA NO ENSINO
Vergara na viñeta do xornal Público. |
Non sei se me contou a administración nos datos que deu hoxe da folga, pero estou segura que si me vai contar para o desconto do día, por certo descóntanme un día de traballo non polas horas de clase que tiña senón facendo o computo sobre as 37,5. Para descontar si que entende a administración que traballo 37,5. Para facer propaganda contra o profesorado contan mentiras varias, como esa de que traballamos 18 horas semanais.
20 sept 2011
O noso centro
O curso pasado 5 alumn@s de 1º de ESO C fixeron este estudio estatístico sobre o noso centro, este traballo obtivo unha mención no I Concurso de Incubadora de Sondaxes de SGAPEIO. Aqui podedes ver o estudio completo.
Mandoume unha foto Gonzalo Temperán da recollida do premio en Santiago. Por certo, Gonzalo e as súas alumnas gañaron a fase estatal deste concurso en Barcelona, co traballo: Podemos predecir a estatura á que pode chegar unha persoa?. Podedes ver aquí o álbum de fotos do acto de entrega de premios.
Mandoume unha foto Gonzalo Temperán da recollida do premio en Santiago. Por certo, Gonzalo e as súas alumnas gañaron a fase estatal deste concurso en Barcelona, co traballo: Podemos predecir a estatura á que pode chegar unha persoa?. Podedes ver aquí o álbum de fotos do acto de entrega de premios.
Sirva este traballo para dar a benvida aos novos alumnos e alumnas deste curso.
Lucia, Laura, Vicente, Iñaki, Guillermo e Conchi recollendo o premio |
Xilbarbeira
Xilbarbeira era o nome que escollera Mª Xosé Camba para o seu blog. Nesta primeira entrada do curso quero lembrala coa foto de cabeceira do seu blog. Este vran perdemos de forma repentina e inesperada a unha das grandes profesoras deste centro e a una das mellores persoas do claustro. Eu perdín, tamén, un referente ideolóxico, pois cando necesitaba saber se o meu pensamento e as miñas opinións sobre funcionamento de centro ou sobre o alumnado ían na liña axeitada preguntáballe a ela, Mª Xosé era para min a persoa con máis cabeza política e sentidiño de todo o claustro. Este centro non será o mesmo sen ti. Lembrarémoste sempre.
28 jun 2011
Un debate sen límite
Canción: Marful. Música: adaptación do twist "La luna tiene dos caras" do repertorio de Os Celestes de Ponteareas. Letra: Ugia Pedreira
Leverelem
É concepçom monoteísta
Pensar que existe umha só soluçom
É um conceito banal
O dividendo por baixo do divisor
É umha história perdida
A coeréncia de grande pensador
É um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom
É um debate sem limite como fazê-la perfeita.
É muito definitivo
Umha janela tapiada na habitaçom
É altamente agradável
Conhecer um valente que tenha valor
De feito é habitual
Nom dizer nada novo na conversaçom
É um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom
É um debate sem limite como fazê-lo perfeito.
Levere leverelem.
Rematou o curso, coa sensación de moitísimo traballo, de varios pequenos enfados, algún desgusto, bastantes risas e sorrisos e coa sensación de que este traballo tamén é un debate sen límite entre o que queremos os profes e o que quere o alumnado.
Déixovos esta fermosa canción como despedida a todos/as os que me ledes e, sobre todo, aos meus alumnos e alumnas deste curso, que co seu interese me animaron a manter este blog.
Déixovos esta fermosa canción como despedida a todos/as os que me ledes e, sobre todo, aos meus alumnos e alumnas deste curso, que co seu interese me animaron a manter este blog.
Gozade do calor, das tormentas, dos amigos, das amigas, da familia, dos ligues, dos amores, da piscina, do mar, da montaña, dos pobos,... gozade dunha sucesión infinita de pequenas e grandes cousas agradábeis neste verán.
Ata Setembro.
22 jun 2011
Mención especial
O traballo estatístico sobre o entorno escolar realizado por Guille, Lucía, Laura, Vicente e Iñaki de 1º ESO C resultou premiado cunha mención especial no I Concurso Incubadora de Sondaxes e experimentos convocado pola SGAPEIO.
Noraboa aos premiados e tamén aos alumnos e alumnas de 1º ESO B que participou cun traballo similar sobre o uso que fai da rede o alumnado de ESO do noso centro.
Na gráfica podedes ver nun diagrama de barras do traballo gañador sobre a dificultade das diferentes materias.
21 jun 2011
Rematando o curso
Excelentes dous destes traballos de 1º ESO: plano de Xardín do Posío realizado por Yelco, Andrea, Mariana e Martín e plano das Burgas realizado por Florina, Miguel e Alex.
17 jun 2011
Recortes en educación
A min páganme por dar clases de matemáticas ao alumnado (18 h semanais). Dar clases, para quen non o sepa, consiste en manter en orde (que non se levanten, que non falen, que escoiten, que traian o material de traballo,....) uns 20 ou 30 alumnos/as, facelos traballar, explicarlles o que non saben e conseguir que o entendan e o estuden. Tamén me pagan por explicar dudas nos recreos ou ao rematar ás clases, por coidar aos de ESO nos recreos, por separalos se pelexan, por dicirlles como se coida o común, por inculcar que respeten o mobiliario, por atendelos cando falta algún profe por enfermidade ou outro motivo, por levalos de excursión, por levalos a ver moitas cousas moi interesantes como depuradoras, centrais eléctricas, cine, teatro,.. por participar con eles en actividades tipo concursos, actuacións,..., que normalmente preparamos ás tardes, por ir velos a competicións deportivas ou actuacións, por falar cos pais, por xestionar as faltas dos alumnos, por emitir informes, por contactar ás veces con outras administracións (menores, sanidade), por instruír expedientes a alumnos, por reunirme co resto de profesores para tentar resolver problemas que xorden no día a día. A primeira actividade son 18 horas á semana, todas as demais cada quen que aproxime cantas poden ser.
A maiores na miña casa planifico e preparo as clases, corrixo cadernos, corrixo exames e traballos, avalío aos alumnos e alumnas, manteño este blog actualizado e con actividades para eles. Tamén fago cursos, ás tardes, para tentar mellorar a miña actividade profesional. Este curso tocou introducir os ordenadores nas aulas e fíxose co voluntariado de moitos profesores coma min.
Ademais teño 4 días libres ao curso por asuntos persoais que non collo para que o alumnado non quede sen clases e non cargar aos meus compañeiros coas miñas horas.
Eu remato agotada, non podo facer máis do que fago.
Este curso baixáronme o salario.
Agora o Conselleiro fala de que para mellorar o ensino teño que dar máis horas de clase. Inxenua de min que pensaba que eu melloraba moito o ensino con todas as outras actividades que fago día a día, resulta que non, que o ensino só mellora se a administración me apreta máis e me exprime, e xa de paso aforra un par de salarios de profes da pública para darllos á privada.
16 jun 2011
Raúl Ibáñez
Raúl Ibáñez, da páxina Divulgamat |
Raúl Ibáñez, director do portal divulgamat, gañou o Premio á Difusión da Ciencia 2011, convocado pola Confederación de Sociedades Científicas de España (COSCE).
Coñecemos a voz de Raúl Ibáñez pois é o colaborador do programa Graffiti de radio Euskadi que varias veces temos escoitado neste blog, para min un gran programa de divulgación das matemáticas. Para pórlle cara, esta caricatura.
Neste audio podedes ter máis información sobre a carreira de matemáticas mediante a entrevista a alumnos de quinto de carreira nun dos últimos programas de Graffiti.
Carreira sen paro
Hoxe atopei unha oferta de emprego bastante decente para un matemático. Como estamos en crise hai que reflexionar e pensar ben que carreira se elixe. A carreira de matemáticas é moi dura pero ten traballo e parece que non só de ensinantes, tamén ten traballo noutros campos. Outra carreira relacionada coas matemáticas pero moito máis fácil é o Grao de Estatística. e case seguro que tamén ten traballo. Sorte coa elección que fagades.
9 jun 2011
PAU 2011
Este é o exame de Mate II que puxeron hoxe nas probas de selectivo. Bonito exame, non vou dicir fácil pero si vou dicir que é un exame axeitado, esperado, un exame no que, se os nervios e a tensión nos deixan, se pode sacar unha boa nota.
Dito isto, outro tema é a oportunidade de que siga existindo unha selectividade e de que sigan existindo esas notas de corte para moitas carreiras. Unha consecuencia disto, por exemplo, é que nos están convertendo a todo o persoal sanitario en excelentes expedientes académicos, que hai xente moi moi válida e moi vocacional que queda fóra do sistema sanitario por non ter un bo expediente.
Algunhas sabemos que non todo son as notas na vida, sabemos que hai expedientes regulares que dan excelentes profesionais, sabemos que a sanidade e a educación son profesións moi vocacionais e sabemos, porque estamos a diario nas aulas, que ás veces a capacidade de decisión, a capacidade de reacción,..non está nos mellores expedientes, e sabemos que ás veces os que non se adaptan ben ao sistema teñen malos expedientes e boas cabezas, pero ningún deses estará no sistema sanitario, mágoa!!!
Algunhas sabemos que non todo son as notas na vida, sabemos que hai expedientes regulares que dan excelentes profesionais, sabemos que a sanidade e a educación son profesións moi vocacionais e sabemos, porque estamos a diario nas aulas, que ás veces a capacidade de decisión, a capacidade de reacción,..non está nos mellores expedientes, e sabemos que ás veces os que non se adaptan ben ao sistema teñen malos expedientes e boas cabezas, pero ningún deses estará no sistema sanitario, mágoa!!!
31 may 2011
Gran puntuación no Canguro Matemático
Dous alumnos do noso Instituto obtiveron unha magnífica clasificación no Canguro Matemático.
Miguel, de 1º ESO B, obtén o posto 15 entre 2712 participantes de todo España, Miguel tivo 109,5 puntos, foi a mellor puntuación do noso centro, a mellor puntuación dos participantes de Ourense de 1º de ESO e a 2ª dos participantes galegos de 1º de ESO.
Angelo, de 1º ESO C, obtén o posto 37 entre 2712 participantes de todo España, Angelo tivo 102 puntos, a segunda mellor puntuación do noso centro.
Miguel e Angelo recibirán como premio un libro e un cheque-regalo do Corte Inglés.
A terceira puntuación no noso centro foi para Florina de 1º ESO B.
Os meus parabéns a todos eles e aos demais participantes neste concurso tan divertido e difícil.
26 may 2011
Sen tempo
Corrixindo, avaliando, decidindo, preparando materiais,..., así ando, sen tempo para o blog.
Deixo estas ilusións ópticas basadas nos movementos dos péndulos, preciosas coma case todas as deste canal de youtube.
6 may 2011
Reparto electoral, reparto proporcional?
Hoxe empeza a campaña electoral, aquí na cidade temos que elixir 27 Concelleiros e Concelleiras, o reparto destes está relacionado co número de votos que obteña cada partido que se presenta, pero como se fai este reparto? é un reparto proporcional directo? ao dobre de votos corresponde dobre número de Concelleiros? pois non, non é un reparto proporcional aunque leve ese nome, nesta presentación explico como se fai o reparto de Concelleiros cos datos das últimas eleccións municipais de Ourense, as de hai 4 anos.
Nesta animación do xornal EL MUNDO, podedes ver un exemplo no que, aplicando a regra D' Hont, con menos do dobre de votos obtense o triplo de escanos. Chamar chámase proporcional pero as contas non saen, :)
2 may 2011
12 000 000 de visitas nun canal de mate en Youtube
É Valenciano e chámase Juan Medina Molina, o seu canal en Youtube, juanmemol, ocupa a posición 18 entre os máis subscritos de Youtube en España en todas as categorías, tivo 12000000 de visitas, ten máis subscricións e visualizacións que a suma do resto dos canais das Universidades españolas. Así nolo contan no Noticieiro Matemático.
Como pode chegar un canal de matemáticas a estas cifras? As matemáticas son fáciles, se se entenden e se traballan despois de entendelas, pero son imposibles e inabarcables cando non se entenden. Cando unha persoa non deu coa comprensión dos conceptos, as regras dos signos, os mcm, as parénteses, o poder quitar denominadores ou non, o poder elevar ao cadrado ou non, a existencia ou non dunha raíz, as operacións, se é logaritmo de seno ou o seno do logaritmo...., todo isto pode parecer un conxunto infinito de regras imposibles de rexistrar na cabeza e non confundilas en calquera momento, imposibles de lembrar. As formas de chegar a esas matemáticas fáciles son varias: ter unha gran capacidade para a materia, traballar de forma autodidacta ata entender,.. ou ter bos profesores/as, precisamos de explicacións claras e non sempre os profesores/as sabemos explicar baixando ao nivel no que está o alumnado, tanto en vocabulario matemático como en notación matemática ou en formación de conceptos como no nivel de madurez deses conceptos.
Aí aparece este canal, este profesor Juan Medina, do Departamento de Matemática Aplicada e Estatística da Universidade Politécnica de Cartaxena, explica as matemáticas moi ben, é moi claro, vai paso a paso, usa unha linguaxe sinxela, e convértese así nunha axuda imprescindible para todo o alumnado que ten dificultade coa materia ou que perdeu unha clase ou unha explicación. Ademais ten unha colección de máis de 2000 vídeos que abarca practicamente toda a ESO e o Bacharelato. Un recurso imprescindible na rede e que moito profesorado usamos nos nosos blogs. No seu canal podedes ler o agradecemento do alumnado ao que axuda, aqui o meu tamén por darnos este recurso.
Aí aparece este canal, este profesor Juan Medina, do Departamento de Matemática Aplicada e Estatística da Universidade Politécnica de Cartaxena, explica as matemáticas moi ben, é moi claro, vai paso a paso, usa unha linguaxe sinxela, e convértese así nunha axuda imprescindible para todo o alumnado que ten dificultade coa materia ou que perdeu unha clase ou unha explicación. Ademais ten unha colección de máis de 2000 vídeos que abarca practicamente toda a ESO e o Bacharelato. Un recurso imprescindible na rede e que moito profesorado usamos nos nosos blogs. No seu canal podedes ler o agradecemento do alumnado ao que axuda, aqui o meu tamén por darnos este recurso.
15 abr 2011
Vacacións, :)
Despois dun longo trimestre de máis de 3 meses, o calendario escolar márcao a igrexa e non o sistema métrico, chegan as merecidas vacacións. Que o pasedes moi ben e que veñades con moita forza para o curtísimo trimestre final de menos de dous meses. Que lea de unidades de tempo escolar!.
Aquí vos deixo 3 cancións dedicadas a Pitágoras, dúas versións moi similares do pop-rock español dos anos 60 e unha preciosa canción brasileira con ritmo reggae.
Aquí vos deixo 3 cancións dedicadas a Pitágoras, dúas versións moi similares do pop-rock español dos anos 60 e unha preciosa canción brasileira con ritmo reggae.
11 abr 2011
Circunferencias musicais
Pulsa dentro e coas circunferencias que aparecen irás compoñendo unha melodía, para borrar dálle a barra espaciadora. Atopeino no blog sembeo
6 abr 2011
Alan Turing ou cando o mundo é homófobo
Neste vídeo podedes ver unha preciosa divagación matemática nun anaco dunha serie británica sobre a vida de Alan Turing (1912-1954), grande matemático que traballou no campo da lóxica e no nacemento da informática e da intelixencia artificial. Na segunda guerra mundial traballou descifrando mensaxes militares dos nazis, en particular os códigos da máquina Enigma. Para obter máquinas descifradoras construíu a primeira computadora electrónica, chamada Colossus en 1943. Polo seu traballo no Colossus, Turing recibiu a Orde do Imperio Británico en 1946. En 1951 é nomeado membro da Sociedade Real de Londres polas súas contribucións científicas.
Turing foi procesado e condenado por ser homosexual e condenárono a un tratamento hormonal como alternativa á cárcere. Morreu con 42 anos, debido a un aparente suicidio comendo unha mazá con cianuro.
En Setembro de 2009, despois dunha campaña de internet, o primeiro ministro británico Gordon Brown fixo unha petición oficial de desculpas públicas.
Máis vale tarde que nunca, pero hai cousas para as que non chegan as desculpas, hai cousas que só se poden perdoar se nunca máis volven ocorrer.
Se queredes escoitar a petición de desculpas e saber mais sobre a súa vida déixovos este audio de Javier Peláez na Aldea irreductible
3 abr 2011
Números na música
Tote King facía esta canción no seu segundo disco no ano 2002.
Un pouco do estribillo por se vos apetece canturreala:
"Matemáticas, Teórica Y práctica, Amor, Arte Y líricas galácticas,
Cuenta desde el diez hasta el uno,
No creo en dios avísame si ves alguno"
2 abr 2011
Números na pintura
Xa teño posto aquí varios audios de Raúl Ibáñez, profesor da Universidade do País Vasco, que ten un programa semanal Graffiti en Radio Euskadi sobre matemáticas, con el descubrín estes pintores, que agora comparto con todos vos, nun programa sobre números na pintura.
Un pracer para os sentidos esta arte con números, deixo tamén o audio do programa por se queredes saber máis.
Un pracer para os sentidos esta arte con números, deixo tamén o audio do programa por se queredes saber máis.
24 mar 2011
ás veces .. os xoves...
Para Manuela, Gloria, Pumares, Daniel, Iago.. e todos eses alumnos e alumnas que están tan atentos e concentrados na aula que ata poden levantar a man para dicir "profe, creo que ese 4 vai mal, debe ser un 2", atopei hoxe este vídeo nun blog doutro profe que tamén "ten días", así que aqui volo poño, para facer unhas risas.
Sorte a todos e todas e que operedes ben no exame de mañá.
Sorte a todos e todas e que operedes ben no exame de mañá.
23 mar 2011
Probas diagnóstico
datos respostas proba A de matemáticas |
Os días 11 e 12 de Maio vanse realizar de novo as probas para a avaliación de diagnóstico.
Este curso avaliaranse as competencias lingüística, matemática e de coñecemento e interacción co mundo físico.
Vou lembrar a anterior e única proba que se fixo en Galicia hai 2 anos para avaliar a competencia matemática en 2º de ESO.
A dificultade xeral da proba de matemáticas pódese ver nos informes de resultados, dos que extraio as táboas adxuntas onde código 0 é a porcentaxe de alumnado de todo Galicia que respondeu mal á pregunta. Escandalosos os resultados, hai preguntas cun 70% de alumnado que non a sabe responder correctamente, a maioría das preguntas son respondidas incorrectamente por máis da metade do alumnado de Galicia. Non traballamos as matemáticas nas aulas? ou traballámolas mal? ou a proba era un despropósito? eu inclínome pola terceira opción.
A proba deseñada (opción A, opción B) para avaliar a competencia matemática constaba de 21 exercicios tipo test a realizar en 60 minutos sen calculadora. Menos de 3 minutos para cada cuestión, para ler, decidir o procedemento axeitado, buscar datos, operar e responder, e moverse (que o alumnado de 12 e 13 anos móvese), pouco, moi pouco tempo.
Un exame tipo test parece un pouco raro para diagnosticar a competencia matemática onde as resolucións gráficas e os procesos de razoamento teñen tanta importancia. Nesta proba só se valorou se o resultado é correcto, sen ningún tipo de matiz ou referencia ao procedemento seguido. Toda a proba de matemáticas baseouse principalmente na resolución de problemas, sobre todo de problemas de proporcións. Considero a resolución de problemas importantísima dentro das matemáticas, pero tamén é necesario ensinar ao alumnado a operar, a traballar as expresións alxébricas, a resolver ecuacións, a operar fraccións, a desenvolver a xeometría etc. pois doutra maneira faltaríanlle ferramentas imprescindibles para poder resolver desigualdades, trigonometría, problemas de optimización etc. A resolución de problemas é só unha parte do curriculum de matemáticas. Aínda así entendo que a resolución de problemas é un mundo amplio e diverso e polo tanto se podían tocar desde ela moitos temas que entran no curriculum. O peso dos exercicios de proporcións nas probas é esaxerado frente a outros temas do curriculum. Ademais, se o obxectivo é a resolución de problemas reais, deberían deixar utilizar calculadora na proba como solicitou AGAPEMA (Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática). Tampouco me gustou nada o contexto masculino dos exercicios da opción B: fútbol, triatlón e incendios.
AGAPEMA na valoración desta proba. pediu que se melloren as seguintes, pois iso, esperemos que na proba deste curso impere o sentidiño e midan o que queren medir con probas axeitadas ao nivel, ao curriculum e as competencias básicas e, por soposto, que deixen utilizar a calculadora, paréceme un desfase ter ordenadores na aula e non poder usar calculadora nunha proba deste tipo.
AGAPEMA na valoración desta proba. pediu que se melloren as seguintes, pois iso, esperemos que na proba deste curso impere o sentidiño e midan o que queren medir con probas axeitadas ao nivel, ao curriculum e as competencias básicas e, por soposto, que deixen utilizar a calculadora, paréceme un desfase ter ordenadores na aula e non poder usar calculadora nunha proba deste tipo.
21 mar 2011
Concurso do xornal El País
Neste vídeo, Adolfo Quirós, profesor da Real Sociedad Matemática Española, propón un problema matemático no xornal El País, se sabes a resposta podes mandala antes das 00.00 do martes ao correo problemamatematicas@elpais.es.
Cada semana, ata completar as 30 que dura a promoción, proporanse novos desafíos. Entre os/as acertantes sortearase unha colección completa de libros de matemáticas.
solución
solución
19 mar 2011
Medindo terremotos
Gráfico do diario El Mundo |
Principalmente tómanse dúas medidas: MAGNITUDE E INTENSIDADE.
A magnitude é unha medida do tamaño do terremoto que se obtén cunha fórmula matemática aplicada aos datos obtidos nun sismógrafo. É un indicador da enerxía liberada e o seu valor é independente do procedemento físico-matemático usado para medilo e do punto onde se estea realizando a medida..
A escala na que se mide a magnitude é logarítmica. A escala da magnitude usada con frecuencia é a escala de Richter, actualmente úsase mais a escala do momento sísmico.
A intensidade é una medida do tamaño do terremoto baseada nos efectos que produce (persoas, obxectos, edificacións, terreos). A intensidade é diferente en cada lugar pois varía coa distancia ao epicentro do terremoto e coa magnitude do sismo. Existen varias escalas de intensidade, a máis coñecida é a escala M.S.K que ten 12 graos
I. Rexistrado só polos sismógrafos máis sensibles.
II. As estructuras e obxectos non o notan pero si poden notalo persoas en repouso.
III. Vibración comparable as provocadas por un camión pequeno.
IV. Vibracións moderadas comparadas as dun camión grande.
V. Algúns edificios sofren lixeiros danos.
VI. Ocasiona gretas solitarias no chan.
VII. Prodúcense pequenos corrementos de terra.
VIII. Prodúcense corrementos de terra e desprendemento de rochas.
IX. Gretas no chan e corrementos de terra xeneralizados.
X. Desprendementos de terra máis graves e xeneralizados.
XI. Risco de tsunamis.
XII. Construccións destruídas. Tsunamis.
15 mar 2011
Ando Hiroshige
O mar frente a Satta na provincia de Suruga |
Hiroshige, foi un dos máis grandes paisaxistas xaponeses, naceu en 1797 en Edo, nome antigo de Tokio.
Xunto con Hokusai forma parte dun movemento artístico , o Ukiyo-e, que influiu na pintura do século XIX e XX.
Nas súas estampas reflectiron as paisaxes e a vida no Xapón.
Unha das características deste movemento artístico é o realismo. Os dous debuxaron moitas obras nas que aparecen grandes olas.
Xunto con Hokusai forma parte dun movemento artístico , o Ukiyo-e, que influiu na pintura do século XIX e XX.
Nas súas estampas reflectiron as paisaxes e a vida no Xapón.
Unha das características deste movemento artístico é o realismo. Os dous debuxaron moitas obras nas que aparecen grandes olas.
A beleza das súas estampas lémbranos o poder da natureza, unhas veces para gozar dela, outras para sufrir as consecuencias da súa forza nas catástrofes.
Quentando motores para o rallye
J. Ramón Doval e o alumnado campión do Rallye 2007 |
O grupo de alumnos e alumnas de Matemáticas bilingües de 3º de ESO, capitaneados polo profesor J. Ramón Doval, participarán o próximo luns no Rallye matemático sen fronteiras, organizado por AGAPEMA.
Un concurso que potencia o traballo en equipo e no que se traballan as matemáticas máis creativas, imaxinativas e dinámicas. No curso 2007 un grupo do noso instituto foi campión de Galicia e participou na final Europea en Toulouse.
Un concurso que potencia o traballo en equipo e no que se traballan as matemáticas máis creativas, imaxinativas e dinámicas. No curso 2007 un grupo do noso instituto foi campión de Galicia e participou na final Europea en Toulouse.
Tamén esta semana participamos no Canguro Matemático, unha proba individual con problemas ben bonitos e interesantes.
Moito ánimo a todo alumnado participante nestas probas.
13 mar 2011
Grande Shakira
Mandoume Carmen este enlace co discurso de Shakira sobre a importancia da educación, quédome coa frase de que a Afganistán hai que mandar 30 000 mestres en lugar de 30 000 soldados, pero podía escoller outras neste tremendo discurso.
21 feb 2011
1/4 ou 1/3, con cal quedas?
No estupendo blog de Angel Requena,Matemáticas de cine, atopamos esta escena da película Granujas de medio pelo de Woody Allen. Está claro que son de medio pelo estes ladróns pois nin sequera saben repartir o botín.
Xa sabedes, hai que aprender fraccións por si temos que facer algún reparto.
16 feb 2011
Selos matemáticos
Un selo postal é un comprobante do pago previo dos envíos efectuados por Correos. O selo tipo é un pequeno papel rectangular que se pega a un sobre e que indica que a persoa que realiza o envío pagou o servizo.
O proceso para a emisión dun selo postal é complexo, polo xeral a administración postal recibe centos de suxestións de particulares e de asociacións sobre os motivos dos selos. Unha vez decididas as series dun motivo concreto, encárgase a artistas a realización do deseño.
O proceso para a emisión dun selo postal é complexo, polo xeral a administración postal recibe centos de suxestións de particulares e de asociacións sobre os motivos dos selos. Unha vez decididas as series dun motivo concreto, encárgase a artistas a realización do deseño.
Hoxe en día os selos parece que poden caer en desuso pois a comunicación vai mais por internet que por correos, aínda así esperemos que sobrevivan a esta era informática pois algúns selos son verdadeiras obras de arte.
Neste vídeo podedes ver algúns do moitos selos do mundo que estiveron dedicados ás matemáticas. Se sodes un pouco observadores veredes histogramas, pirámides de poboación, figuras imposibles, espirais, poliedros,... e moitos Matemáticos dos que coñecemos algún que outro teorema.
15 feb 2011
14 Febreiro, medindo o amor
Como se mide o amor? ...e nos puxemos a pensar... poderá ou non medirse? con que instrumentos?...Algúns crían que non se podía porque estaba no corazón e outros dicían que poderían facelo co metro. Ata había algún que aseguraba poder medir os bicos empregando só: "Un beso, dúas nenas e un metro... "mide 7 km"- informounos
Pregunta a profe: E se vos pregunto cómo sabedes canto vos queren os vosos papás e mamás? Vaia, todos abriron os ollos como pratos!!"Os meus papás quérenme 50 000" "a min 1 000 000,..." Pero aínda que buscaron non atoparon eses números "en ese metro" así que optaron por os que eran máis fáciles de situar, como o 10". De súpeto un sentenciou: " Pois a min quérenme infinito". O debate comezou aquí, mentres uns defendían que infinito non existía outros pensaban que sí, que era un número moi grande, moi grande, eso sí, todos coincidían en que non se podía escribir do longo que era porque tardarían anos e anos e anos,.... A profe propuxo entón anotar números máis pequenos que infinito e alí escribiron: 22, 9, 31,...O máis grande que quixeron poñer foi o 39...
Pregunta a profe: E se vos pregunto cómo sabedes canto vos queren os vosos papás e mamás? Vaia, todos abriron os ollos como pratos!!"Os meus papás quérenme 50 000" "a min 1 000 000,..." Pero aínda que buscaron non atoparon eses números "en ese metro" así que optaron por os que eran máis fáciles de situar, como o 10". De súpeto un sentenciou: " Pois a min quérenme infinito". O debate comezou aquí, mentres uns defendían que infinito non existía outros pensaban que sí, que era un número moi grande, moi grande, eso sí, todos coincidían en que non se podía escribir do longo que era porque tardarían anos e anos e anos,.... A profe propuxo entón anotar números máis pequenos que infinito e alí escribiron: 22, 9, 31,...O máis grande que quixeron poñer foi o 39...
Este é o relato e a foto dunha preciosa divagación matemática con nenos e nenas de 5 anos nunha aula de infantil do CEIP Bergantiños que atopei no blog somososdecinco.
7 feb 2011
2011, ano internacional da Química
Con esta foto de Lois, alumno de 2º de Bacharelato, volvemos sobre 2011 para lembrar tamén que vai ser o ano internacional da Química e seguir coas propiedades deste peculiar número.
Xa viramos que é a suma de 11 números primos consecutivos:
157+163+167+173+179+181+191+193+197+199+211= 2011.
Vai ser o ano dos 1, mirade algunhas datas do ano:
1/1/11; 11/1/11; 1/11/11; 11/11/11
Tamén unha propiedade ben curiosa, que me mandou unha amiga e seguidora do blog:
Se collemos os dous últimos díxitos do ano de nacemento e lle sumamos a idade que imos cumprir este ano, o resultados é sempre 111, maxia? non, sumas e restas.
No meu caso: 58+53= 111= 58 +(2011-1958)= 2011 +58 - 1958 = 2011 -1900 = 111
En todos os casos ocorre isto? sempre que naceramos antes do ano 2000 e despois do 1900, pois nese caso estamos restando sempre a 2011 o número 1900 polo tanto sempre obtemos 111. Outra cousa é que naceramos despois do 2000, entón non saen así as contas, saen doutra maneira, se cadra daquela dá sempre 11, ou non?
3 feb 2011
Ordenadores na aula
As primeiras fotos e as primeiras impresións. Tivemos que resolver moitos problemas de intendencia, custounos ter un e-mail operativo, que si esqueciamos o contrasinal, que si non sabiamos como mandar as mensaxes,etc...Mila nolo conta "hola profe, hoy estuve toda la clase intentando abrir el gmail como ya sabes y hice algunas actividades y acerte bastantes que es raro en mi" Ahcene tamén nolo contou así "Hoy en la clase estuve atareado por que mi ordenador estaba en inglés, y no sabía cómo enviar mensajes. No tuve tiempo de hacer actividades, sólo de ver las instrucciones de cómo utilizar bien redes sociales etc." Marcos estivo 2 días traballando ao seu aire dirixido con instruccións dunha construción de Geogebra e contaba "Soy Marcos y conseguí hacer el polígono", Iñaki ten unha dúbida "Cando se fagan na casa actividades do ordenador ,¿ hai que mandarte un correo?" Ana contou " Hola hoy hice fracciones, en calculo mental fixen de tempo 52 e 20 acertos de 20" Oscar conta "hola, fixen as actividades e logrei conseguir dous trofeos sobrandome 21 segundos foi divertido e interesante" Vicente conta "Traballei moito e fixen moitos exercicios. Na de porcentaxe acertei 16 de 20 .Gustoume moito grazas"
Pola miña parte dicir que a min cóstame máis organizarme na aula e planificar as actividades, pero teño claro que estamos adquirindo competencias básicas, non só relacionadas coas matemáticas tamén coas TIC, coas habilidades sociais etc. Seguiremos observando.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)