Este interesante documental "Dangerous Knowledge" da BBC, cóntanos a dramática vida de catro matemáticos: George Cantor, Ludwig Boltzmann, Kurt Gödel e Alan Turing. Todos eles con finais bastante tráxicos.
O documental dura 80 minutos, para os que nos gustan as mates non se fai longo, hai partes no documental que trata temas da matemática superior: completitude, hipótese do continuo,...que se escapan do nivel do ensino secundario, pero aínda así ten interese para calquer alumno/a de bacharelato que guste desta materia pois moitos conceptos anque non se entendan pódense intuír.
De Alan Turing xa temos falado neste blog, gustoume moito neste documental (sobre o minuto 20 da segunda parte) como trata a Turing, a grande divagación sobre o home, a máquina, a hipocrisía, ... O documental é de 2007, fíxose antes de que o goberno británico pedira perdón polo xuízo e sentenza que condenou a Turing por ser homosexual..
Nesta primeira entrada do ano, desexarvos que teñades un estupendo 2012 e en homenaxe a Turing desexar tamén que o mundo sexa menos hipócrita.