28 jun 2013

Vacacións

Di  JJ que a gráfica da función satisfacción do profesorado é sinusoidal, non lle falta razón pois a función seno é periódica, ten intervalos crecentes e decrecentes, máximos, mínimos, puntos de inflexión, o mesmo efectivamente co noso traballo. Identificar a nosa satisfacción coa función seno é unha visión optimista pois se este curso pasamos por un mínimo, o próximo toca crecente, :). 
Pero o que importa agora é que estamos de vacacións, imprescindibles para recuperar a forza, para desconectar, para ..... , para todo.
Eu, de momento vou tomar o sol ou mellor dito voume poñer debaixo dunha árbore con factor 50 e un bo libro escoitando o mar, de non ser pola idade  (xa paso de veintegenaria) podíaseme aplicar a fabulosa canción "Veintegenarios" de Albert Pla. 

Pasade un bo verán. 

25 jun 2013

tocar a xeometría

Este curso en 2º de ESO din o tema de xeometría con moita antelación, fixen o de todos os cursos, uns 50 problemas de conos, esferas, cilindros e pirámides, unha vez explicados e corrixidos na aula fixen o exame, un caos!!!!, moitos exames en branco (en 2º de ESO!!!) e moitos suspensos.
Así que decidín continuar o tema doutro modo, tocando a xeometría!, daquela houbo que facer 3 traballos, o power point de identificación de figuras, houbo que construír os poliedros, e o máis interesante foi o terceiro traballo que consistiu en debuxar a escala e calcular superficies e volumes de obxectos que levei a aula, algúns simples e outros máis complexos. Os resultados matemáticos non foron moito mellores que nos exames. Algúns alumnos calcularon mal superficies e volumes, puxeron as fórmulas que non eran, outros non se esforzaron, outros fixeron unha chapuza e entregaron os traballos con tachóns, outros entregaron a metade dos obxectos,.......
Entón que?, pois está clarísimo, de non aprender que toquen!, si que houbo aprendizaxes colaterais, profe como mido o radio da esfera? profe como mido a altura da pirámide? profe como debuxo o cilindro? que é un power point? que figura é esta?, ..... supoño que algo quedará!. Eu paseino mellor, mágoa que o alumnado cando fai traballos non entenda que o traballo mellora se consultas á profesora e o enseñas antes de entregalo para corrixir erros, o alumnado pensa que facer traballos é algo ao marxe do profesor.
Aquí vos poño o vídeo do traballo de construcción poliedros, o acabado de moitas figuras é mellorable, pero quedou compensado polo valor artístico. :)

20 jun 2013

xeometría perfumada



Ese é o título que lle puxo Xiana ao seu traballo sobre as figuras xeométricas que podemos atopar nos diferentes frascos de perfumes e colonias, botade un vistazo e veredes a importancia que ten a xeometría no deseño dos frascos, a cal máis bonito.

11 jun 2013

Hotel de Hilbert II

Xa falamos aquí do hotel de Hilbert, ese hotel onde se hoxe dormen infinitos viaxeiros aínda queda sitio para acomodar a outros infinitos viaxeiros, aquí podedes ver un novo vídeo explicando como podemos colocar infinitos infinitos no hotel infinito, :)