27 feb 2013

Gaston Julia

Gaston Julia (1893 - 1978), matemático francés. Con vinte anos foi á primeira guerra mundial e perdeu o nariz, operárono pero nunca puideron reconstruírlla polo que usou unha máscara.
Gaston Julia foi o precursor dos fractais, os fractais son conxuntos con forma irregular e/ou fragmentada e que reiteran a mesma estructura en diferentes escalas. Na natureza hai elementos que sen ser fractais exactamente poden ser descritos por eles, por exemplo un fento.
Creou o conxunto de Julia, obtido por iteracións no plano complexo, aplicando iterativamente á un número complexo z a función f(z)=z^2+c, onde c é un número complexo.
A pesar do novedoso dos seus estudios, Julia non alcanzou fama en vida, foi nos anos 80, coa aparición dos ordenadores, cando puidemos visualizar a beleza e a importancia de ditos conxuntos, a través dos estudios de Benoit Mandelbrot.
O conxunto de Mandelbrot, é considerado unha extensión do Conxunto de Julia. A variedade de conxuntos de Julia é enorme. Aquí podes ver algúns.

21 feb 2013

Galois

A lenda de Évariste Galois descríbeo como un xenio precoz das matemáticas, víctima da incomprensión, da neglixencia e da mala sorte.
Naceu preto de Paris en 1811 e morreu aos 20 anos nun duelo, non se sabe se por amor ou por política, pero si se sabe do seu paso polo cárcere polas súas ideas antimonárquicas e republicanas, da súa rebeldía, da súa mala adaptación á escola, dos seus suspensos nas probas de aceso á escola politécnica, e sobre todo sábese da importancia dos seus estudios sobre teoría de grupos (foi o primeiro en usar a palabra grupo) e  sobre teoría de corpos, sábese que impulsou os estudios das estruturas alxébricas, ou sexa, dos fundamentos da álxebra.
Neste fragmento da película "3:19, nada es casualidad", unha comedia romántica hispanomexicana de 2008,  podes ver como pasou Galois a última noite antes do duelo.

             Con este rebelde romántico inicio un recorrido pola France e o seu grande peso mundial no que ás mates se refire.

8 feb 2013

O triángulo do entroido



Dise que en Ourense hai un triángulo máxico do entroido, cos vértices en Laza, Verín e Xinzo. Un triángulo de diversión, de tradición, un pracer ver aos cigarróns, aos peliqueiros e as pantallas, un pracer meterse na maraña de persoeiros e no bulicio da rúa, grande entroido o deste triángulo!!!. Voulle engadir vértices, Maceda cos seus felos, Vilariño de Conso cos seus folións, Viana do bolo e os boteiros, Sarreaus, Manzaneda,.........., a cidade de Ourense, en fin, creo que son tantos os vértices que ten o entroido nesta provincia que remataremos nunha circunferencia, :)
Hoxe a mañá un vértice estivo no pavillón do Otero, aquí vos deixo algunhas fotos lembrando o noso entroido.
Ímonos logo de troula a calquera vértice!!!! Pasádeo ben!!

Non me digades que o mellor careto non é o dos felos, :)

5 feb 2013

teorema de Pitágoras

Outra demostración do teorema de Pitágoras