Mostrando entradas con la etiqueta ilusións ópticas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ilusións ópticas. Mostrar todas las entradas
4 oct 2012
31 ene 2012
Anamorfose
A anamorfose é unha técnica de distorsión que usando a perspectiva produce unha ilusión óptica ou unha deformación da imaxe, imaxe que pode ser reconstruida co uso dun espello, dun cilindro ou escollendo un punto de vista axeitado. O primeiro en usar esta técnica foi Leonardo da Vinci. Nos séculos XVI e XVII chegou a estudiarse nos manuais de debuxo. Na actualidade úsana moitos artistas no Street Art en 3D.
![]() | ||||
| anamorfose cilíndrica de Istvan Orostz |
![]() |
| Anamorfose de Julian Beever |
![]() |
| Anamorfose de Julian Beever |
14 dic 2011
30 nov 2011
Poeta da xeometría
Así definen na páxina oficial a Eusebio Sempere, pintor e escultor alacantino, que viviu entre 1923 e 1985. Representa un dos máis importantes artistas da op-art (arte óptica) en España, coa repetición de liñas, o uso da cor e uso de figuras xeométricas simples produce nas obras sensación de movemento, algo que temos visto nas ilusións ópticas. Foi pioneiro en usar o ordenador con fines artísticos, técnica que desarrollou no Centro de Cálculo de la Universidade de Madrid. E tamén, foi un dos impulsores do Museo de esculturas ao aire libre da castellana de Madrid.
O que me impresiona de Sempere é a forma que ten de describir as paisaxes, as estacións, a cidade, .... aí é onde eu lle vexo a poesía, como nestas dúas obras "Otoño" e "Primavera". A xeometría véxoa en todas as súas obras.
O que me impresiona de Sempere é a forma que ten de describir as paisaxes, as estacións, a cidade, .... aí é onde eu lle vexo a poesía, como nestas dúas obras "Otoño" e "Primavera". A xeometría véxoa en todas as súas obras.
16 oct 2011
26 may 2011
Sen tempo
Corrixindo, avaliando, decidindo, preparando materiais,..., así ando, sen tempo para o blog.
Deixo estas ilusións ópticas basadas nos movementos dos péndulos, preciosas coma case todas as deste canal de youtube.
4 dic 2010
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




