30 nov 2011

Poeta da xeometría



Así definen na páxina oficial a Eusebio Sempere, pintor e escultor alacantino, que viviu entre 1923 e 1985. Representa un dos máis importantes artistas da  op-art (arte óptica) en España,  coa repetición de liñas, o uso da cor e uso de figuras xeométricas simples produce nas obras sensación de movemento, algo que temos visto nas ilusións ópticas. Foi pioneiro en usar o ordenador con fines artísticos, técnica que desarrollou no Centro de Cálculo de la Universidade de Madrid. E tamén, foi un dos impulsores do Museo de esculturas ao aire libre da castellana de Madrid.
O que me impresiona de Sempere é  a forma que ten de describir as paisaxes, as estacións, a cidade, .... aí é onde eu lle vexo a poesía, como nestas dúas obras "Otoño" e "Primavera". A xeometría véxoa en todas as súas obras.

29 nov 2011

Non hai física sen matemáticas



Á última seguidora deste blog gústalle o cine, seguro que lle gusta esta estupenda escena da película "Un tipo serio" dos irmáns Coen, que vin no blog matemáticas de cine.

26 nov 2011

Xeometría, Arte e Natureza

Precioso vídeo realizado no IES María Soliño de Cangas, entre os autores está Trini, excelente profesora que algúns alumnos e alumnas deste centro lembraredes.

22 nov 2011

54

 

O 25 de Novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. Buscando imaxes para esta entrada, atopei este cartel do Concello de Xixón. Gustoume o lema "El amor no duele", efectivamente, as relacións amorosas son elixidas voluntaria e libremente e teñen un obxectivo pracenteiro polo tanto non poden doer, se doen algo vai mal. É posible que a dor se deba a que non es ben tratada, a que te humillan, te amenazan, te controlan, te insultan, te menosprezan ..  Cómpre, pois, que analices as causas do teu malestar e da túa dor. Se atopas algún indicio de maltrato, lembra que só hai unha alternativa, non creas que vai cambiar, se te maltrata déixao á primeira sinal, é o único camiño cara a túa felicidade e a túa liberdade.
54 mulleres asasinadas no que vai de ano, miles de denuncias e miles de silencios son motivos para estar alerta.
Déixovos unha triste canción de Haze "Rompe tu silencio", onde describe os sentimentos dunha maltratada.

19 nov 2011

IMAGINARY



Imaginary é unha exposición Itinerante coa que a RSEM ( Real Sociedade Española de Matemáticas) celebra o seu centenario. Neste vídeo da UNED podemos acercarnos un pouco ao que é a exposición.

9 nov 2011

4 >5


Evidentemente 4 non é maior que 5, trátase, polo tanto, de averiguar onde está o razonamento incorrecto neste proceso.
O alumnado que deu inecuacións e logaritmos debería sabelo, así que espero respostas.

4 nov 2011

Reloxo


Atopei este divertido reloxo no blog matemáticas a nuestro lado.

XIX Concurso Canguro Matemático 2012

Acaba de convocarse a inscrición no Canguro Matemático, unha proba de matemáticas, tipo test, que se celebra en todo Europa. A proba será o xoves 15 de Marzo de 2012 á tarde.
O ano pasado participaron máis de 6.000.000 de alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato.
Esperamos que vos animedes a participar nesta proba que sempre ten problemas de moito enxeño. O curso pasado, o alumnado do noso instituto obtivo moi bos resultados e este curso aínda podemos mellorar, :)
Aquí tendes as probas doutros anos e máis información.

Ciencia en galego?


Hoxe celébrase o II Día da ciencia en galego, dedicado ás mulleres na ciencia, en particular, a Marie Curie e María  Wonenburger.
Os estudiantes e profesores de matemáticas temos moita sorte, pois, podemos estudiar, consultar ou ler a nosa materia case en calquera idioma; as matemáticas usan o seu propio idioma, un idioma universal, claro e preciso.
Os  galeg@s temos tamén moita sorte de ter un idioma que nos enriquece e que nos achega a outros moitos idiomas, coma ao deste divertido vídeo brasileiro sobre a vida de Marie Curie.
A resposta ao título do post está ben clara, ciencia en galego, en castelán, en portugués, en francés, .. en cada lugar no seu idioma. Aquí en galego.