"Il faut, pour être heureux, s’être défait des préjugés, être vertueux, se bien porter, avoir des goûts et des passions, être susceptible d’illusions"
Émilie Du Châtelet, Discours sur le bonheur
Émilie de
Breteuil nace en 1706 nunha familia aristocrática francesa, casa aos 19 anos con
militar da
nobreza, co que ten 3 fillos. Frecuenta a corte de Luis XV en Versalles, morre aos
43 anos, 8 días despois do parto do seu 4º fillo.
Émilie tiña unha
intelixencia privilexiada, aos 12 anos falaba italiano, español, alemán, inglés
e traducía textos do latín; estudiou a Descartes,
a Leibniz, a Newton,..Tivo coma profesores aos matemáticos Maupertuis e Clairaut.
A Emilie du
Chatelet gustoulle a diversión, a vida social, a arte, o teatro, a ópera, o
coñecemento científico. Tivo unha vida mundana intensa, na que se lle coñecen
numerosas relacións con homes da alta sociedade. É nesta época na que se viste
de home para poder entrar nas tertulias científicas dos cafés de París.
Entre as súas
relacións, está sempre presente a que mantén con Voltaire, co que vive en varias etapas da súa vida, de feito, no ano 1734 os dous instálanse
a vivir no castelo de Cirey, propiedade do marido de Émilie. Voltaire
paga a reconstrucción do castelo, a transformación dos xardíns e formaron unha biblioteca con máis de dez mil volumes. Fan do castelo de Cirey o lugar de traballo intelectual
de ambos e un centro de reunión cultural de Europa. Nesta etapa Chatelet
estudiaba 10 horas diarias.
En 1739 a academia das ciencias
de París convoca un premio para traballos de investigación sobre o lume. Voltaire e Chatelet preséntanse ao concurso, individualmente, gaña o premio Euler, pero o
traballo de Chatelet é considerado tan bo que a academia decide publicalo, converténdose a "Dissertation sur la nature et la propagation du Feu", no primeiro traballo
científico dunha muller impreso pola Academia de Ciencias de París. Para esta memoria, Émilie fixo multitude de experimentos na
súa casa que describe no estudio.
Tamén escribiu “Institutions de Physique” un tratado de física moderna que dedica ao seu fillo, e que
tivo grande difusión e gran éxito, incluso creou unha controversia na teoría de
forzas co matemático Dortous de Mairan, sendo a primeira discusión científica de envergadura dunha muller
cun home. Neste libro combinou as teorías de Newton, Descartes e Leibniz, tan enfrontadas nesa época.
No prólogo escribe esta preciosa reflexión:
« J'ai toujours pensé
que le devoir le plus sacré des hommes était de donner à leurs enfants une
éducation qui les empêchât dans un âge plus avancé de regretter leur
jeunesse, qui est le seul temps où l’on puisse véritablement s’instruire ;
vous êtes, mon cher fils, dans cet âge heureux où l’esprit commence à penser,
et dans lequel le cœur n’a pas encore des passions assez vives pour le troubler. »
Fixo unha
traducción dunha obra satírica inglesa na que se reivindicaba o dereito á
igualdade da muller "Sur la fable des abeilles" de Mandeville.
Escribiu o "Discurso sobre a felicidade", no que fala de que a felicidade acádase co estudio, marcándose metas e loitando por elas e tamén dí que para acadala axudan moito os privilexios da riqueza, aunque é unha evidencia, paréceme importante que o diga unha muller privilexiada coma ela.
A obra máis
coñecida de Chatelet é a traducción do latín
ao francés do “Philosophiæ Naturalis Principia Mathematica” de Newton, pero non só pola traducción
senón que explicou e ampliou algúns conceptos e incorporou os coñecementos e
mesmo a notación usada por Leibniz para
explicar e facer máis entendible o libro de Newton. A día de hoxe sigue sendo a
única traducción francesa deste libro.
En 1748 Emilie coñece
ao poeta Marqués de Saint-Lambert, namorase e queda embarazada, no parto morre.
No ano 2006 dúas profesoras da Universidade París 12 organizaron
unha exposición sobre ela, na que podedes seguir lendo desta impresionante muller, que é unha desas mulleres que fan que o mundo pareza mellor.