foto do concurso graffiti e mates 2010 |
Na comunidade de Madrid xa van
pola 4ª edición dun concurso de graffiti e mates, organizado polo Instituto de
Ciencias Matemáticas, o Real Xardín Botánico e a área de Cultura Científica do CSIC.
Esta imaxe pertence ao concurso
de 2010, é unha parte da obra colectiva de seis alumnos e unha alumna de
varios IES de Madrid, a nada que miremos con atención vemos a fórmula da
ecuación de 2º grao, vemos unha figura imposible coa palabra mates ao estilo
das de Escher, vemos os termos dunha matriz na páxina do libro, o cono de
Apolonio, unha árbore fractal,....
Non podemos participar, pois só é para o alumnado de Madrid, pero como vedes o mundo das relacións é infinito e aquí atopamos unha ben rara: o graffiti e as mates.
No hay comentarios:
Publicar un comentario