O xornal El País xunto coa RSME organiza un novo concurso, neste caso ligado á lotería de Nadal, entre os acertantes sortearanse libros matemáticos.
O problema a resolver é atopar cantos números bonitos hai entre os que entran no bombo do sorteo de Nadal, ou sexa entre os cen mil números que van do 00000 ao 99999.
Para que o criterio de bonito ou feo non sexa subxectivo, defínese número bonito ao que cumpre exactamente unha, e só unha, destas tres condicións:
- a) é divisible entre 5,
- b) dá resto 2 ao dividilo entre 7,
- c) a suma das súas cifras é divisible entre 9.
Non se pode usar nen calculadora nen ordenador para resolvelo, as solucións hai que mandalas a problemamatematicas@gmail.com antes das 00.00 horas do sábado 22 de decembro.
Divertido e bonito enunciado. Claro que habería que definir que é un problema bonito e divertido,:)
No hay comentarios:
Publicar un comentario