25 ene 2013
16 ene 2013
tetrabrik,...tetraedro?
Efectivamente,
os primeiros tetrabriks apareceron nos
anos 60 e tiñan forma de tetraedro e de aí o seu nome. Hoxe a maioría
dos tetrabrik son paralelepípedos, pero mantén o nome. Un exemplo estupendo de
como a forma matemática dálle nome a un tipo de envase que xa non ten relación co
nome. Os primeiros envases tiñan forma de tetraedro, polo fácil que era a súa construcción, bastaba ter unha cinta cilindrica e pechala perpendicularmente polas bases, era tamén un tipo de envase moi económico.
Pero eran difíciles de almacenar polo que deseguida pasaron a ter
forma de prismas rectangulares, moito máis doados de apilar.
9 ene 2013
fotos matemáticas
Isto é o que deu de si a actividade de fotografía matemática que fixemos os de 2º de ESO C no outono, trátase agora de porlle título a cada foto e de elixir as mellores, xa sexa por estética ou polo contido matemático. Farémolo na aula estes días.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)