A lenda de Évariste Galois descríbeo como un xenio
precoz das matemáticas, víctima da incomprensión, da neglixencia e da mala sorte.
Naceu preto de Paris en 1811 e morreu aos 20 anos nun duelo, non se sabe se por
amor ou por política, pero si se sabe do seu paso polo cárcere polas súas ideas
antimonárquicas e republicanas, da súa rebeldía, da súa mala adaptación á
escola, dos seus suspensos nas probas de aceso á escola politécnica, e sobre
todo sábese da importancia dos
seus estudios sobre teoría de grupos (foi o primeiro en usar a
palabra grupo) e sobre teoría de corpos, sábese que impulsou os estudios das estruturas alxébricas, ou sexa, dos fundamentos da álxebra.
Neste fragmento da película "3:19, nada es casualidad", unha comedia romántica hispanomexicana de 2008, podes ver como pasou Galois a última noite antes do duelo.
Con este rebelde romántico inicio un recorrido pola France e o seu grande peso mundial no que ás mates se refire.
No hay comentarios:
Publicar un comentario