Esta foto forma parte dunha fermosa campaña de aprecio e valoración da nosa
lingua, hai moitas pola rede con diferentes lemas: gústame o galego con acento
africano, gústame que me entres en galego, gústame que me atendan en galego,
gústame que intentes falar galego aínda que che custe un pouquiño, gústame
xogar en galego, gústame ler en galego,.....
A campaña organizouna a
coordinadora de traballadores de normalización lingüistica, e xa ten foto
moita xente, actores, profesores, alumnos, ....Estiveron en Ourense facendo
fotos, de sabelo hoxe tería unha fermosa foto co lema "gústame lembrarte
en galego",:)
No hay comentarios:
Publicar un comentario