Con
esta foto de FOTOMAT, o
excelente blog de fotografía matemática, vou facer unha pequena reflexión sobre
o de copiar nos exames de mates.
Eu son
das que vixían pouco nos exames, abúrreme facelo e prefiro aproveitar esa hora
para preparar materia ou mesmo para corrixir outros exames. Polo tanto é
posible que algún alumno aprobe copiando, sempre hai excepcións!
En xeral,
é dificilísimo aprobar copiando, pois onde é un 3 vas copiar un 8 porque non
entendes a letra do compañeiro ou a túa, e onde pon alfa vas poñer unha a co que perde
sentido o exercicio, onde pon unha barras de valor absoluto vas copiar un corchete, .....a nada que cambiemos un número, unha letra, un símbolo, perde sentido
o que escribimos. Tendes ademais outro problema, se copias dun alumno que
operou mal, vaise saber que copiaches, pois é improbable que dous alumnos teñan o
mesmo erro. Sei de alumnos que teñen copiado a teoría e teñen un cero na
pregunta por ser absurdo e sen sentido o que escriben.
É moi difícil
copiar o que non se entende, e se se entende, para que copiar? se se
entende en vez de chuleta faite un bo esquema como di nesta foto e estudia, prepara o exame e logo espábilate en facelo o mellor posible, lembra estes pequenos consellos, aos que imos engadir as palabras de Einstein "faino simple, tan
simple como sexa posible, non máis"
No hay comentarios:
Publicar un comentario