O xoves estarei en folga e
perderei o salario do día por varios motivos, uns de cabreo xeral e outros por desacordo coa
nova lei que se está a tramitar.
O meu cabreo xeral é que estou
farta de mentiras, o ensino non mellora reducindo profesores, o ensino
non mellora aumentando o número de alumnos nas aulas, o ensino non mellora se
damos materias das que non somos especialistas, o ensino non mellora se non hai xestión democrática nos centros, o ensino non mellora se os gobernos nin sequera intentan o consenso nunha lei educativa, cada goberno
fai a súa para un par de anos ou como moito para 4 anos.
Deixo de último
cabreo, pero non menos importante, que nos últimos 3 anos aumentáronme as horas
de traballo e baixáronme o salario, que o ano pasado non cobrei unha extra e
que este ano no vrao só cobrei media extra e no Nadal só cobrarei media extra,
ou sexa máis do mesmo pero disimulado, volvéronme a quitar unha paga extra.
O relatorio anterior ven
sendo as medidas que se están aplicando nos centros nos últimos 3 anos, e
chaman a nova lei, lei de mellora da calidade da educación, o que hai que
aguantar!!!
Vamos a lei:
Dúas reválidas: unha en cuarto da
ESO para sacar o título, outra ao rematar o bacharelato para sacar o título.
Poñer unha reválida é desconfiar da avaliación que fai o profesorado, poñer
unha reválida é uniformar o ensino, uniformar as aulas, poñer unha reválida é
seleccionar ao alumnado, poñer unha reválida pode ser o negocio dalgúns, poñer
unha reválida condiciona o traballo docente no día a día, dificulta a liberdade
na aula e dificulta o poder realizar actividades diferentes. A min gústanme as
diferencias, non me gustan os uniformes.
Dobre titulación na ESO: unha
para FP e outra para Bacharelato. O ensino obrigatorio non debe dar diferentes
titulacións, se é obrigatorio debe ser
igual para todos.
A relixión sube de categoría e convértese
nunha materia optativa, no mesmo nivel de importancia que a 2ª lingua estranxeira
ou debuxo técnico. Non sei que adxectivo pórlle a este apartado, pero el
só é motivo para ir á folga.
Desaparecen no bacharelato
materias coma Electrotecnia, Métodos estatísticos e numéricos, outra
vez uniformes!!, a min gústame a
variedade. A desaparición de métodos estatísticos e numéricos neste mundo de sondaxes, de estudios de mercado, de
avaliacións,... non a entendo.
En terceiro e cuarto de ESO diferencian
dous tipos de matemáticas: a unha chámanlle académicas e a outra aplicadas. Que
pouca reflexión!, evidentemente o curriculum das matemáticas necesita unha
reforma urxente, pero a estas alturas de desarrollo tecnolóxico, non deberían
ser todas as matemáticas aplicadas?
No bacharelato de sociais desaparecen as
matemáticas aplicadas ás ciencias sociais coma materia obrigatoria de
modalidade e pasa a ser optativa, quedando o latín coma obrigatoria de
modalidade, sexamos serios!!!!!!!!!!!, pode que as matemáticas non teñan que
ser obrigatorias pero que o latín sexa o obrigatorio a costa das matemáticas cústame
asumilo!!, ata podería entender que puxeran obrigatoria unha literatura, a
historia do mundo, a economía ou unha historia da arte,... pero o latín!!!!!!!!!
tampouco vou poñer adxectivos.
Pareceume grave cando di que 1º
de ESO pódese organizar por ámbitos para facilitar a integración dos alumnos de
primaria, máis ben penso que será para aforrar cartos e usar un profe para dar
varias materias, din moitos anos 1º de ESO e nunca vin problemas que necesiten
esta medida.
Na lei hai máis cambios, adiantase a diversificación a 2º de ESO, cambia a FP,....Non sei valorar alguns deses
cambios, tería que escoitar opinións a favor e en contra argumentadas e
contrapostas, pero non houbo debate, na tramitación desta lei só houbo insultos
ao profesorado, insultos aos nosos idiomas, prepotencia e imposición. Faltou
e falta cultura democrática, a ver se a adquirimos coa relixión!!!
1 comentario:
Moi ben explicado, Conchi. Concordo na túa reflexión, o que tampouco é unha sorpresa ;)
Publicar un comentario