Nestes tempos confusos agradécese
cando alguén fala claro; este cartaz, dun xornal educativo de Brasil, puntualiza
cousas que parece que deixaron de estar claras nesta sociedade.
No outro extremo, no da confusión, está o anuncio de Ikea.
No anuncio, pais, nais e fill@s falan nas “felices ceas” de triángulos, xeografía, gramática, ... mira que
non hai temas importantes para falar nas ceas familiares sen falar de
triángulos!.
De triángulos xa falo eu na
escola, que para algo sei todo sobre eles, para as ceas familiares propoño
outros temas: uso e abuso do móbil, comportamento
na escola, imaxe na rede, afectos, sexo, drogas e se queredes de rock and roll, … pero o
dos triángulos é cousa miña.
Claro que está de moda menosprezar
a escola coma fai este anuncio de Ikea. Non creo que Ikea emita este anuncio nin
en Suecia, nin en Finlandia nin en Noruega. Aquí si, aquí vale todo para ganarse
aos pais e nais e aos moz@s, ata darlle a culpa aos deberes de non ter
tempo as familias para relacionarse, supoño que terá máis culpa o horario
laboral dos pais e nais en empresas coma Ikea ou as múltiples e diversas
actividades dos rapaces.
En fin, haberá diversos motivos
para que as familias non teñan tempo de relacionarse, pero non culpen a escola, o alumnado sae ás 2
e 10 de mediodía do centro e dubido que teñan máis dunha hora de deberes, mira
que non queda día!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario