Hoxe 8
marzo pouco que celebrar, máis ben insistir en que temos dous grandes asuntos
pendentes: acadar a igualdade real entre home e muller (dereitos, salarios, traballo
dentro e fora, trato,...) e parar a violencia machista.
Igualdade?
teño a sorte de traballar nun sector moi
igualitario: accedemos ao ensino secundario coa mesma titulación, co mesmo
sistema de acceso, ao mesmo posto de traballo, co mesmo salario, con
iguais obrigas, os mesmos dereitos, con iguais funcións, ... e ademais contamos coa sensibilidade
de case todo o profesorado, pero.... pero a realidade é teimuda.
No meu
centro somos 58% profesoras, 42% profesores, titoras 64%, titores 36%.
Elección? non, nomeamento, diferenza sutil, 6 puntos, parece que a labor máis
ingrata do profesorado é mellor que a fagan as mulleres. Tamén hai pequenas diferenzas
nos cursos que impartimos, curiosamente a maior presenza de mulleres por nivel
prodúcese en 1º e 2º de ESO. Non son diferenzas escandalosas, estamos nunha
profesión femeneizada, pero coidado con pensar que hai igualdade, nona hai.
No
equipo directivo non hai ningunha muller, de seis persoas con funcións
directivas ningunha muller. O equipo directivo, no noso centro, está nomeado
pola administración, xa, pero a administración nomea homes. Esa administración
que encherá a boca con discursos de igualdade, nunca a usa como criterio nos
nomeamentos. Que dicir do que transmite? quen dirixe? os homes.
Tamén
hai que falar do trato na aula, en xeral eu non tiven problemas nas aulas, pero cando tiven alumnado con doses de
violencia ou agresividade sempre tiven a percepción de que esa violencia o
alumno ou a alumna manifestábaa máis frecuentemente nas aulas impartidas por
mulleres que nas aulas impartidas por homes, nunca me estrañou, a aula é un
reflexo da sociedade e moitas veces o alumnado só reproduce o que vive no seu
entorno, ás veces a agresividade que nas casas soportan as mulleres, eles ou
elas queren exercela na aula contra as profesoras. Triste e duro para moitas de
nós.
Despois
destas pinceladas sobre a igualdade no meu traballo, sobre a violencia vou usar
unha frase dunha alumna do centro, frase tan dura como a vida de moitas
mulleres "a sociedade moléstalle máis unha muller libre que unha
asasinada".
No hay comentarios:
Publicar un comentario