![]() |
| Early Sunday Morning de Edward Hopper, Whitney Museum of American Art, Nueva York
Do 12 de xuño ao 16 de setembro o museothyssen ofrece unha exposición de Edward Hopper, un pracer para os sentidos e unha boa opción se os camiños vos levan a Madrid.
Con esta imaxe e esta canción interpretada por Andrea Salgado ao piano e que escoitamos no acto de fin de curso, daquela acompañada coas guitarras de Jorge e Aarón, despídome ata setembro.
Foi un bo curso, recuperei algo do meu antigo humor nas aulas e iso non ten prezo. Por suposto, algo ten que ver o tipo de alumnado niso, ou sería a temperatura caribeña da aula?, :). Grazas. |
27 jun 2012
Feliz verán
Pensamos no futuro, e ti?
Este é un resumo do traballo co que gañamos o II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos no nivel de 1º ciclo de ESO, organizado por SGAPEIO (Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e Investigación de Operacións).
O xoves 21 na facultade de matemáticas de Santiago tivemos ocasión de asistir á presentación dos outros dous traballos premiados.
O xoves 21 na facultade de matemáticas de Santiago tivemos ocasión de asistir á presentación dos outros dous traballos premiados.
Magnífico e con moitísimo traballo detrás, o titulado "Un dilema para o consumidor: cal é o mellor tamaño para mercar ameixas?" do IES de Mugardos (A Coruña).
Orixinal e moi interesante para os que nos gusta o cine de autor e non nos atreviamos a definilo, :), o traballo titulado "Existe o cine de autor?" do IES "Fernando Wirtz Suárez" (A Coruña).
Tamén tivo unha mención especial na categoría de 1º ciclo de ESO o traballo "Cómo cae unha chincheta?" do IES de Monelos (A Coruña). Hai que velo aqui, no blog tetractis, e digo hai que velo con coñecemento de causa, para que se saiba o que poden dar de si un grupo de alumnos ben dirixidos.
O acto foi coma no ano anterior, moi agradable, as persoas da organización do concurso amabilísimas, os discursos..... diferentes, nada de buscar o lugar común para non dicir nada, os de mate non falan por falar, :)
Tamén diciros que Xiana, Marinha, Irene e máis eu aproveitamos este premio para probar o AVANT e, que pasado o díficil momento da presentación en público de traballo, fomos a celebralo nas cubertas da catedral de Santiago, ;)
A foto dos premiados e da mesa presidencial cópioa de tetractis.
15 jun 2012
Gañamos!!!
Xiana, Irene e Marinha alumnas de 1º de ESO do IES Otero Pedrayo gañaron na categoría de 1º ciclo ESO, o II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, convocado pola sociedade SGAPEIO co traballo "Pensamos no futuro, e ti?".
O traballo que realizamos foi sobre reciclaxe, separación de residuos e reutilización nos fogares do alumnado do noso centro. Un traballo no que aprendimos moito, non só de estatística e de informática, tamén da necesidade de reducir os residuos que xeramos a diario. Pasámolo moi ben facendo gráficas cheas de cor, houbéranos gustado poñerlles flores pero a "sobriedade matemática" non nos deixou facelo :), tivemos moitos problemas para axustar as axendas das 4, ocupamos os ocos de moitas tardes con números e táboas, tivemos moitas rifas da profe por non ler o correo con atención, pero conseguimos rematar un estupendo traballo e por riba dannos un premio, fabuloso!!!!!
O xoves 21 será a entrega de premios na facultade de matemáticas da Universidade de Santiago. Xa vos poremos as fotos, :)
Para que vos animedes a participar o próximo curso que saibades que o premio é un ordenata para cada participante, un bo premio desde logo, pero tamén debedes de saber que é o premio a un traballo moi duro e custoso. A opinión de todo o alumnado que participa sempre é boísima, sempre lles gusta moito o traballo pero só uns son os premiados, este ano tocounos a nós, pero estou segura que cada traballo entregado ao concurso era merecedor do premio polo esforzo que hai tras un proxecto deste tipo, tanto do alumnado participante como do profesorado que o dirixe.
Unha gráfica divertida deste traballo é este pictograma sobre o que pensamos do uso de somieres pechando fincas, iso tan noso, :)
Prensa e estatística
Este é un resumo dun dos traballos que presentamos ao II Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos, este foi realizado por Lucía, Guille, Florina e Vicente de 2º de ESO. Un traballo moi interesante sobre o uso que fai a prensa das gráficas estatísticas, dos números e das táboas de datos. Deste traballo teño que dicir que ademais de gustarme moitísimo, foi un pracer volver a traballar con estes catro alumn@s. Aprendín moito, aprendín a facer smarnonseique, aprendín a animar os vocabularios,.., :), en fin, estupendo!!
Aqui podedes ver o traballo completo.
Aqui podedes ver o traballo completo.
12 jun 2012
Avaliación de diagnóstico
A verdade é que levo media vida explicando que o 2005 é menor que o 2009 e que no eixo OX ordenamos os números de menor a maior, e sobre todo levo media vida falando do poder da gráfica, da información que transmite, para que veña agora a Consellería de Educación e me poña isto diante, en fin, sen comentarios.
Tamén escribiron "quilómetros" en castelán, puxeron unha ecuación na que as parénteses escondían os signos das operacións, deron un resultado erróneo, hai outra gráfica de dificil compresión (por dicilo amablemente), etc, ...
O departamento de matemáticas do noso centro presentou un escrito pedindo que sexan máis coidadosos cunha proba que segundo a administración é tan útil.
Por suposto, eu non lle vexo tal utilidade, pero ademais seguimos cometendo os mesmos erros que nas probas anteriores, demasiadas preguntas en pouco tempo, 30 en 60 minutos, e seguimos sen deixar calculadora nunha proba na que hai multitude de operacións, dado o contexto real dos problemas, moitas delas bastante latosas para facelas sen calculadora en menos dun minuto.
5 jun 2012
Sombra sobre o ceo
Nunca se me ocorrera pensar que a sombra dun obxecto puidera reflectirse no ceo, é difícil pensar sempre en todas as posibilidades.
Menos mal que anda xente na rede pensando por nós e fotografando para nós, a explicación no blog fogonazos e as fotos aquí
Menos mal que anda xente na rede pensando por nós e fotografando para nós, a explicación no blog fogonazos e as fotos aquí
25 may 2012
Pingüinos xeómetras
Estupenda colección de vídeos de xeometría básica, aquí unha alegre demostración de que os ángulos dun triángulo suman 180º.
Avaliando adolescentes
![]() |
| Alan Turing |
Ao ler as seguintes notas venme moitas cousas á cabeza, a primeira é que é ben difícil ser adolescente e que tamén é difícil avalialos; tamén parece que a escola non mudou tanto nos últimos 100 anos, pois o que dicían nalgún momento de Turing dicímolo a miúdo nas avaliacións dos nosos alumnos; pero o que realmente me gusta é a evolución de Turing, a pesares dos seus gustos unidireccionais, da súa vagancia para as letras, da súa desorde, do que semella unha rebeldía na forma de estudar incluso o que lle gustaba, as mates e a física, a pesares de todos os contras rematou a secundaria, a universidade e por riba puxo ao servizo do mundo as computadoras. Moitos co seu perfil non o conseguen.
Aqui vos deixo as avaliacións de Alan Turing na escola secundaria, ordenadas entre os 14,5 anos e os 19 anos. Aconséllovos que leades os informes completos en inglés aqui, o que vos poño é un resumo feito por min da traducción da entrada dese blog que me fixo unha compañeira. Grazas Marga.
Francés: a súa falla de interese
é moi deprimente agás cando algo lle divirte.
Inglés: sen ser vago, fai o traballo mecanicamente, gustariame ver máis vida nel.
Mate: non moi ben, pasa
moito tempo en matemáticas avanzadas e descoida o seu traballo básico, un
sólido traballo de base é esencial en calquera materia, o seu traballo é desordenado.
Informe
de centro (15 anos): Sen dúbida é unha estraña mestura, empeza a casa polo
tellado. Despois de acadar unha exención equivócase ao actuar, coma se a vagancia
e a indiferencia fórano a librar das materias que non lle gustan.
Ciencias: a súa intelixencia é boa, aprende á presa
pero os seus métodos son deplorables, debe aprender a importancia da limpeza e
a orde e a de expresarse ben nun exame.
Mate: creo que foi algo
máis ordenado pero aínda hai marxe de mellora, un matemático entusiasta e
capaz.
Inglés: creo que se esforza só para os exames.
Informe
centro: é o tipo de rapaz que podería dar problemas en calquera escola ou
comunidade por ser antisocial nalgúns sentidos, pero creo que na nosa
comunidade ten a oportunidade de desenrolar
os seus particulares talentos e á vez de aprender algo sobre a arte de vivir,
non tan antisocial coma antes, sen dúbida ten un sentido do humor que o salva.
Mate: probablemente o mellor
matemático do grupo, o seu posto (3º da aula) é pola desorde e descoido
debidos en gran parte a súa impaciencia por rematar cando descobre unha forma
de resolver o problema.
Informe
de centro: pode que lle demos a oportunidade de acadar o titulo o próximo trimestre así
que debe prepararse para renunciar algo ás mates e ciencias e traballar latín, francés
e inglés, debe aprender que a parte de letras tamén importa. Ten tan boa cabeza
como outros que pasaron por aquí e debería chegarlle para aprobar materias “inútiles”
como latín, inglés e francés. A súa presentación é horrible e impide gozar do pracer que serían os seus traballos, non
entende o que os malos modais, a mala redacción e os números desordenados supoñen.
Inglés: increible que alguén tan prometedor en mate sexa tan malo e inglés e latín. Detecto unha leve melloría.
Informe do centro: debería prestar atención a estos informes se quere triunfar. Debemos esperar aos resultados de setembro, pero sexan os que sexan, terá que aprender a facer ben os traballos rutinarios incluso nas "súas materias"
Mate: pasamos este trimestre
o pasaremos os dous próximos tapando ocos no seu coñecemento e organizándoo, pensa
rápido e é probable que sexa brillante,
case nunca se ve derrotado por un problema pero os seus métodos son
desordenados, co tempo chegará o rigor e o lustre.
Informe
centro: estou contento de que sexa sociable e faga amigos, parece xeneroso por
natureza e é sen dúbida ambicioso.
Mate: un matemático realmente
capaz, o seu problema é a desorde pero intentou mellorar, ás veces falla nun problema
sinxelo ao tentar resolvelo de forma complicada en vez de facelo de forma
sinxela.
Física: traballo excelente,
solo espero que Cambridge teña tan boa opinión de el coma min.
Informa
centro: moi bo trimestre, gaña respecto polo seu cerebro e personalidade. Bo
trimestre, ten interese paternal pólo seus compañeiros de dormitorio e sen
dúbida transmítelles o seu aprendizaxe e curiosidade, xogou ao fútbol realmente
ben.
Mate: os meus mellores desexos
para unha carreira triunfal en Cambridge.
Ultimo informe
centro(19 anos): tivo unha interesante evolución, cunha variada experiencia
que soubo culminar ben. Un rapaz dotado e distinguido cuxa futura carreira seguiremos
con moito interese.
Podedes saber máis de Alan Turing escoitando a Raúl Ibañez no programa Graffiti de radio Euskadi 21 may 2012
18 may 2012
a profe
24 abr 2012
Regateo infinito
Así rematou o último regateo entre este alumno e a profe, ou sexa, eu. Sempre lles pido aos meus alumnos e alumnas que teñan o espazo de traballo, o pupitre, ordenado e só co material que imos precisar nesa clase. Esta norma tan básica é necesaria porque o alumnado de 1º de ESO organízase mal e cústalle centrarse.
En cada norma que poñemos na aula prodúcese un regateo, sempre cansino, pois o alumnado ou ben non quere seguir as normas por vagancia, (que máis te dá!!!) ou ben quere provocar á profe por pasar o tempo e ver se hai bronquilla. Agotador!!!, estes regateos son agotadores. As normas, os consellos nunha aula son para facilitar ao alumnado o éxito académico. Eu son das que dan moitos consellos na aula: ide por este camiño que é máis fácil, este método é mellor, cambia de liña, escribe ben,..... Evidentemente algúns xa teñen éxito con ou sen consellos, con ou sen normas. Nese caso o regateo ten que finalizar a favor do alumno, digamos que se sacas un 10 co pupitre feito un caos sigue así e deixemos o regateo e se sacas un 10 sen seguir os meus consellos non os sigas.
Carlos, pon o que queiras no pupitre!!! Pero espero que a maioría me fagades caso e ordenedes o espazo de traballo, :)
En cada norma que poñemos na aula prodúcese un regateo, sempre cansino, pois o alumnado ou ben non quere seguir as normas por vagancia, (que máis te dá!!!) ou ben quere provocar á profe por pasar o tempo e ver se hai bronquilla. Agotador!!!, estes regateos son agotadores. As normas, os consellos nunha aula son para facilitar ao alumnado o éxito académico. Eu son das que dan moitos consellos na aula: ide por este camiño que é máis fácil, este método é mellor, cambia de liña, escribe ben,..... Evidentemente algúns xa teñen éxito con ou sen consellos, con ou sen normas. Nese caso o regateo ten que finalizar a favor do alumno, digamos que se sacas un 10 co pupitre feito un caos sigue así e deixemos o regateo e se sacas un 10 sen seguir os meus consellos non os sigas.
Carlos, pon o que queiras no pupitre!!! Pero espero que a maioría me fagades caso e ordenedes o espazo de traballo, :)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











