|
Gráfico do diario El Mundo |
Principalmente tómanse dúas medidas: MAGNITUDE E INTENSIDADE.
A magnitude é unha medida do tamaño do terremoto que se obtén cunha fórmula matemática aplicada aos datos obtidos nun sismógrafo. É un indicador da enerxía liberada e o seu valor é independente do procedemento físico-matemático usado para medilo e do punto onde se estea realizando a medida..
A escala na que se mide a magnitude é logarítmica. A escala da magnitude usada con frecuencia é a escala de Richter, actualmente úsase mais a escala do momento sísmico.
A intensidade é una medida do tamaño do terremoto baseada nos efectos que produce (persoas, obxectos, edificacións, terreos). A intensidade é diferente en cada lugar pois varía coa distancia ao epicentro do terremoto e coa magnitude do sismo. Existen varias escalas de intensidade, a máis coñecida é a escala M.S.K que ten 12 graos
I. Rexistrado só polos sismógrafos máis sensibles.
II. As estructuras e obxectos non o notan pero si poden notalo persoas en repouso.
III. Vibración comparable as provocadas por un camión pequeno.
IV. Vibracións moderadas comparadas as dun camión grande.
V. Algúns edificios sofren lixeiros danos.
VI. Ocasiona gretas solitarias no chan.
VII. Prodúcense pequenos corrementos de terra.
VIII. Prodúcense corrementos de terra e desprendemento de rochas.
IX. Gretas no chan e corrementos de terra xeneralizados.
X. Desprendementos de terra máis graves e xeneralizados.
XI. Risco de tsunamis.
XII. Construccións destruídas. Tsunamis.