Foto de Sascha Brossmann Turing Tables Museo de las Ciencias Principe Felipe |
Turing foi acusado de grave indecencia en 1952 e foi condenado. Tivo que elixir entre ir ao cárcere ou someterse a un tratamento químico de castración. Optou polo tratamento, con graves consecuencias para a súa saúde e para o seu corpo. Rematou suicidándose en 1954 aos 42 anos.
O delito que o levou a este tráxico final foi ser e recoñecer a súa homosexualidade.
En 2009, tras unha campaña en internet, o primeiro ministro británico desculpouse publicamente polo trato dado a Turing.
Este ano celébrase o centenario do nacemento de Turing, o mundo científico recoñecerá sen dúbida, nas diferentes homenaxes, o que o mundo actual lle debe a este home, pai da computación, matemático e científico que serviu a Europa na súa guerra contra o nazismo.
Neste contexto, houbo unha nova petición ao goberno británico solicitando o indulto a Turing. Pois non, non hai tal indulto, hai un mes o parlamento británico dixo que non procede o indulto, xa que daquela a homosexualidade era delito e Turing non cumpriu a lei. Evidentemente esa era a lei, a lei equivocada, a lei inxusta, a lei feita por un parlamento hipócrita e retrogrado. A responsabilidade de ter feito dita lei é dos políticos daquel momento, moitos deles non poden pedir perdón, pero si procede que a institución, o parlamento actual, recoñeza toda esa inxusticia legal indultando aos condenados por aquela lei. Non facelo é impresentable. Unha vez máis, atopamos unha lea de desculpas que ocultan tras de si que hai un sector social e político que non admite o dereito a ser homosexual, as veces din que si forzados polo "politicamente correcto" pero no fondo nunca admitirán ese dereito á liberdade sexual da persoa. Esa é a súa opcíón, non admitir dereitos básicos das persoas, pero que non busquen desculpas, non perdonan a Turing porque siguen considerando "pecado" ou "indecente" a homosexualidade e punto pelota.
Noticia no xornal Público
PD: esta entrada fixenna coa axuda de JJ, profe de mates e blogueiro que fai que a rede sexa este estupendo espazo no que compartir é a opción, e que sabe o que me gusta Turing, grazas
1 comentario:
Pouca axuda foi a miña Conchi, só apuntar nunha dirección. O mérito é teu.
A fin de contas, todo é un remix
Un saúdo e ánimo.
Publicar un comentario