24 abr 2012

Regateo infinito


Así rematou o último regateo entre este alumno e a profe, ou sexa, eu. Sempre lles pido aos meus alumnos  e alumnas que teñan o espazo de traballo, o pupitre, ordenado e só co material que imos precisar nesa clase. Esta norma tan básica é necesaria porque o alumnado de 1º de ESO organízase mal e cústalle centrarse.
En cada norma que poñemos na aula prodúcese un regateo, sempre cansino, pois o alumnado ou ben non quere seguir as normas por vagancia, (que máis te dá!!!) ou ben quere provocar á profe por pasar o tempo e ver se hai bronquilla. Agotador!!!, estes regateos son agotadores. As normas, os consellos nunha aula son para facilitar ao alumnado o éxito académico. Eu son das que dan moitos consellos na aula: ide por este camiño que é máis fácil, este método é mellor, cambia de liña, escribe ben,..... Evidentemente algúns xa teñen éxito con ou sen consellos, con ou sen normas. Nese caso o regateo ten que finalizar a favor do alumno, digamos que se sacas un 10 co pupitre feito un caos sigue así e deixemos o regateo e se sacas un 10 sen seguir os meus consellos non os sigas.
Carlos, pon o que queiras no pupitre!!! Pero espero que a maioría me fagades caso e ordenedes o espazo de traballo, :)

2 comentarios:

Florina valentina medrea dijo...

A verdade e que esta entrada paréceme moi interesante e divertida, chámame moito a atención, sen dúbida. Coma antigua alumna túa recoñezo que sempre é mellor escoitar os teus consellos dado que son marabillos pero claro está que sempre haberá alumnos ou alumnas que rompen as reglas e te deixan sen saber o que dicir.
Un gran saúdo.

conchi dijo...

Florina, alégrame moito verte aquí comentando,
Esta entrada de momento é a que ten máis me gusta; ::))), supoño que é pola cercanía, algúns veranse reflexados nela ou verán o reflexo dos compañeiros.
Como dis, este traballo ás veces ponse complicado pois hai que explicar, manter a orde, impoñer, ceder, negociar, mirar para outro lado,.. todo ao mesmo tempo pois con alumnos diferentes compren estratexias diferentes, .....uffffff, menos mal que nos pagan polo traballo!!!!!!!!!!!, :::)))
saúdos e grazas pola visita