Alan Turing |
Ao ler as seguintes notas venme moitas cousas á cabeza, a primeira é que é ben difícil ser adolescente e que tamén é difícil avalialos; tamén parece que a escola non mudou tanto nos últimos 100 anos, pois o que dicían nalgún momento de Turing dicímolo a miúdo nas avaliacións dos nosos alumnos; pero o que realmente me gusta é a evolución de Turing, a pesares dos seus gustos unidireccionais, da súa vagancia para as letras, da súa desorde, do que semella unha rebeldía na forma de estudar incluso o que lle gustaba, as mates e a física, a pesares de todos os contras rematou a secundaria, a universidade e por riba puxo ao servizo do mundo as computadoras. Moitos co seu perfil non o conseguen.
Aqui vos deixo as avaliacións de Alan Turing na escola secundaria, ordenadas entre os 14,5 anos e os 19 anos. Aconséllovos que leades os informes completos en inglés aqui, o que vos poño é un resumo feito por min da traducción da entrada dese blog que me fixo unha compañeira. Grazas Marga.
Francés: a súa falla de interese
é moi deprimente agás cando algo lle divirte.
Inglés: sen ser vago, fai o traballo mecanicamente, gustariame ver máis vida nel.
Mate: non moi ben, pasa
moito tempo en matemáticas avanzadas e descoida o seu traballo básico, un
sólido traballo de base é esencial en calquera materia, o seu traballo é desordenado.
Informe
de centro (15 anos): Sen dúbida é unha estraña mestura, empeza a casa polo
tellado. Despois de acadar unha exención equivócase ao actuar, coma se a vagancia
e a indiferencia fórano a librar das materias que non lle gustan.
Ciencias: a súa intelixencia é boa, aprende á presa
pero os seus métodos son deplorables, debe aprender a importancia da limpeza e
a orde e a de expresarse ben nun exame.
Mate: creo que foi algo
máis ordenado pero aínda hai marxe de mellora, un matemático entusiasta e
capaz.
Inglés: creo que se esforza só para os exames.
Informe
centro: é o tipo de rapaz que podería dar problemas en calquera escola ou
comunidade por ser antisocial nalgúns sentidos, pero creo que na nosa
comunidade ten a oportunidade de desenrolar
os seus particulares talentos e á vez de aprender algo sobre a arte de vivir,
non tan antisocial coma antes, sen dúbida ten un sentido do humor que o salva.
Mate: probablemente o mellor
matemático do grupo, o seu posto (3º da aula) é pola desorde e descoido
debidos en gran parte a súa impaciencia por rematar cando descobre unha forma
de resolver o problema.
Informe
de centro: pode que lle demos a oportunidade de acadar o titulo o próximo trimestre así
que debe prepararse para renunciar algo ás mates e ciencias e traballar latín, francés
e inglés, debe aprender que a parte de letras tamén importa. Ten tan boa cabeza
como outros que pasaron por aquí e debería chegarlle para aprobar materias “inútiles”
como latín, inglés e francés. A súa presentación é horrible e impide gozar do pracer que serían os seus traballos, non
entende o que os malos modais, a mala redacción e os números desordenados supoñen.
Inglés: increible que alguén tan prometedor en mate sexa tan malo e inglés e latín. Detecto unha leve melloría.
Informe do centro: debería prestar atención a estos informes se quere triunfar. Debemos esperar aos resultados de setembro, pero sexan os que sexan, terá que aprender a facer ben os traballos rutinarios incluso nas "súas materias"
Mate: pasamos este trimestre
o pasaremos os dous próximos tapando ocos no seu coñecemento e organizándoo, pensa
rápido e é probable que sexa brillante,
case nunca se ve derrotado por un problema pero os seus métodos son
desordenados, co tempo chegará o rigor e o lustre.
Informe
centro: estou contento de que sexa sociable e faga amigos, parece xeneroso por
natureza e é sen dúbida ambicioso.
Mate: un matemático realmente
capaz, o seu problema é a desorde pero intentou mellorar, ás veces falla nun problema
sinxelo ao tentar resolvelo de forma complicada en vez de facelo de forma
sinxela.
Física: traballo excelente,
solo espero que Cambridge teña tan boa opinión de el coma min.
Informa
centro: moi bo trimestre, gaña respecto polo seu cerebro e personalidade. Bo
trimestre, ten interese paternal pólo seus compañeiros de dormitorio e sen
dúbida transmítelles o seu aprendizaxe e curiosidade, xogou ao fútbol realmente
ben.
Mate: os meus mellores desexos
para unha carreira triunfal en Cambridge.
Ultimo informe
centro(19 anos): tivo unha interesante evolución, cunha variada experiencia
que soubo culminar ben. Un rapaz dotado e distinguido cuxa futura carreira seguiremos
con moito interese.
Podedes saber máis de Alan Turing escoitando a Raúl Ibañez no programa Graffiti de radio Euskadi
2 comentarios:
Un pracer, Conchi.
Resultoume moi interesante ver a un xenio como Turing dende a perspectiva dos seus profesores na adolescencia. Grazas a ti por compartilo. Un bico.
Si, a verdade está ben de vez en cando ver avaliacións doutros, a min gustaronme moito os comentarios tan "British" dos profes, ao facer o resumo non puxen algúns ben divertidos por iso é mellor ir as fontes orixinais pero claro hai que saber inglés!!!
bicos
Publicar un comentario