A verdade é que levo media vida explicando que o 2005 é menor que o 2009 e que no eixo OX ordenamos os números de menor a maior, e sobre todo levo media vida falando do poder da gráfica, da información que transmite, para que veña agora a Consellería de Educación e me poña isto diante, en fin, sen comentarios.
Tamén escribiron "quilómetros" en castelán, puxeron unha ecuación na que as parénteses escondían os signos das operacións, deron un resultado erróneo, hai outra gráfica de dificil compresión (por dicilo amablemente), etc, ...
O departamento de matemáticas do noso centro presentou un escrito pedindo que sexan máis coidadosos cunha proba que segundo a administración é tan útil.
Por suposto, eu non lle vexo tal utilidade, pero ademais seguimos cometendo os mesmos erros que nas probas anteriores, demasiadas preguntas en pouco tempo, 30 en 60 minutos, e seguimos sen deixar calculadora nunha proba na que hai multitude de operacións, dado o contexto real dos problemas, moitas delas bastante latosas para facelas sen calculadora en menos dun minuto.
4 comentarios:
Eu tamén quedei estupefacto con esta "Avaliación de diagnóstico", e levo queixándome dela a todos aqueles que me deixan (en Redeiras, na Carta Xeométrica,...). A verdade é que non mirara a gráfica, pero o da ecuación foi tremendo: como pode ser que ninguén comprobase como quedaba ao pasar a pdf o documento?
E do estilo de "quilómetros" houbo outra, algo como "van separar" ou algo así. Vaia pailarocos.
Eu tamén atopei algún erro na redacción e mesmo nun resultado creo que podían ser dous e non un como se afirmaba, pero quero ir máis aló... alguién pódeme explicar para que serve a avaliación diagnóstica no noso centro?. Supoño que como todo funciona moi ben non hai que cambiar nada, amén amén e amén. Eu sen embargo, co di o outro afirmo "se hai que ir vaise pero ir pa na é tonteria"
Carmen, nos erros dos que falas te refires a proba de mate ou a de ciencias?.
No que preguntas, para min está bastante claro que as probas de diagnóstico non aportan ningunha mellora ao ensino e ao funcionamento dun centro, nin diagnostican os problemas se os houbera, de feito poderiamos preparar ao alumnado para ter éxito nelas e iso non significaría nada máis que que saberían facer ese tipo de exames.
Para diagnosticar os problemas dun centro ou para buscar as posibles melloras no funcionamento dun centro non hai que facerlle probas ao alumnado, para iso están os claustros. Falo en xeral, non do noso, o noso é coma os outros, un centro máis.
JJ, viches que xa fixen a entrada das notas de Turing, co enlace q me pasaches,:))
Claro que o vin :)
E mira que outras cousas sobre Turing lin ultimamente:
Alan Turing and a trig puzzle
The Turing Enigma-The film
Publicar un comentario