Este curso en 2º de ESO din o
tema de xeometría con moita antelación, fixen o de todos os cursos, uns 50
problemas de conos, esferas, cilindros e pirámides, unha vez explicados e
corrixidos na aula fixen o exame, un caos!!!!, moitos exames en branco (en 2º
de ESO!!!) e moitos suspensos.
Así que decidín continuar o tema
doutro modo, tocando a xeometría!, daquela houbo que facer 3 traballos, o power
point de identificación de figuras, houbo que construír os poliedros, e o máis
interesante foi o terceiro traballo que consistiu en debuxar a escala e calcular superficies e
volumes de obxectos que levei a aula, algúns simples e outros máis complexos. Os
resultados matemáticos non foron moito mellores que nos exames. Algúns alumnos
calcularon mal superficies e volumes, puxeron as fórmulas que non
eran, outros non se esforzaron, outros fixeron unha chapuza e entregaron os
traballos con tachóns, outros entregaron a metade dos obxectos,.......
Entón que?, pois está
clarísimo, de non aprender que toquen!, si que houbo aprendizaxes colaterais,
profe como mido o radio da esfera? profe como mido a altura da pirámide? profe
como debuxo o cilindro? que é un power point? que figura é esta?, ..... supoño
que algo quedará!. Eu paseino mellor, mágoa que o alumnado cando fai traballos
non entenda que o traballo mellora se consultas á profesora e o enseñas antes
de entregalo para corrixir erros, o alumnado pensa que facer traballos é algo
ao marxe do profesor.
Aquí vos poño o vídeo do traballo
de construcción poliedros, o acabado de moitas figuras é mellorable, pero quedou
compensado polo valor artístico. :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario