Di JJ que a gráfica da función
satisfacción do profesorado é sinusoidal, non lle falta razón pois a función
seno é periódica, ten intervalos crecentes e decrecentes, máximos, mínimos, puntos de inflexión, o mesmo efectivamente co noso traballo. Identificar a nosa satisfacción coa función seno é unha visión optimista pois se este curso pasamos por un mínimo, o próximo toca
crecente, :).
Pero o que importa agora é que estamos de vacacións, imprescindibles
para recuperar a forza, para desconectar, para ..... , para todo.
Eu, de
momento vou tomar o sol ou mellor dito voume poñer debaixo dunha árbore con
factor 50 e un bo libro escoitando o mar, de non ser pola idade (xa paso
de veintegenaria) podíaseme aplicar a fabulosa canción "Veintegenarios" de Albert Pla.
Pasade un bo verán.
2 comentarios:
Pasa bo verán ti tamén, Conchi! E se queres algo de humor dixital, bótalle unha ollada ás (habituais) animaladas que escribe un compañeiro do sur:
Perdiendo el tiempo
divertido e interesante o blog do "quejica posteante", :), grazas por compartir JJ, vémonos en setembro de novo, pásao ben
Publicar un comentario