Máis de 50 anos nas aulas, o primeiro que me ven a cabeza é que desfrutei moito máis coma profesora que coma alumna.
Non fun boa alumna, por diferentes motivos, a maioría das veces non me interesaba o que alí me contaban, a rúa era máis atractiva para min; outras veces non tiven os profesores axeitados e xa na carreira houbo momentos moi difíciles onde o esforzo necesario para acadar o aprobado considereino ata inhumano, aínda así acadei o meu obxectivo que sempre foi ser profe de mates, teño que agradecerlle a miña tía a súa perseverancia obrigándome a estudar ás veces ao meu pesar.
Como profe, desfrutei de case todo:
en primeiro lugar do alumnado, do alumnado tímido, do tranquilo, das chaponas, das rebeldes con ou sen causa, das atrevidas, dos extraescolares, dos/as arroutados/as,…. miles pasaron polas miñas aulas, lembro a pouc@s, pois a miña memoria é pequena pero lembro en xeral o bo entendemento que tivemos.
Desfrutei de facer as matemáticas fáciles, cando a moito profesorado de mates o que lle mola en xeral é facelas difíciles, pero eles mesmos, o que non quita que as mates teñan algunha dificultade e que sexan ingratas (ese signo que nos funde na miseria, esa operación que destroza a nota,.....). Desfrutei moito desas outras matemáticas menos académicas pero quizais máis interesantes; esas tardes con alumnado preparando enquisas para facer estudios
estatísticos reais ou analizando a estatística na prensa, ou midindo o instituto, as Burgas, o Xardín do Posío,.. para facer planos, ... esas son as matemáticas que serven.
Non usei libro de texto, fixen os meus propios apuntes para ter seleccionado por min o que queria dar e o que non, en que orde, en que nivel e con que linguaxe, iso é pra min a liberdade de cátedra, a riqueza do noso traballo. Aí invertin miles de horas desas que seica non traballamos, solo tendes que ir a word e escribir unha ecuación matemática e ver canto tempo vos leva para saber o tempo que eu dediquei a ese traballo.
Desfrutei facendo este blog, nos catro anos que o tiven activo, espero que a alguén lle interese algunha entrada por calquer motivo e nel vou a deixar o material que teño elaborado para as clases por se a alguén lle é de utilidade.

Pelexei nos claustros, moitas veces enrabiada, case sempre perdendo,… pero sempre dicindo o que pensaba sen limitacións, moitas veces lamentando a pouca valentía do profesorado para enfrentarse á administración e, pior aínda, lamentando ese silencio coral, tan galego!!!, coma se as decisións que se deberían tomar nos claustros non foran con nós ...... tamén gañei (eu e un feixe de valentes compañeiras) algunha que outra batalla.
Atopei amizades nos centros, poucas pero moi ben escollidas, amizades de por vida, aí están sempre ao meu lado, incluso os/as que xa non están. Sentín moita admiración por grandes profesores e profesoras que me acompañaron nesta andaina.
Sempre tiven referentes ideolóxicos nesta profesión, a CIG-ENSINO foi o meu sindicato, levei con orgullo as súas siglas e sempre atopaba no seu entorno a complicidade e o entendemento.
Agás os dous primeiros anos, dín as clases en galego, nunca foi isto un problema con ningún alumno/a e fixenno para apoiar ao idioma débil, ao noso idioma, ao que a pesares de ser o noso está en desventaxa, digan o que digan noxentas persoas que van de políticos cando só son mentireiros e charlatáns.

Pero non nos engañemos os meus mellores recordos como alumna son as viaxes escolares, pois coma profesora tamén. Nunca fun a Salou. Percorrín andando con 50 alumnos a Ribeira Sacra desde Quiroga aos Peares, fixemos andando a ruta medieval do viño de Ribadavía a Santiago, fomos ao Invernadoiro a vivir lonxe das redes, fomos a Cantabría e Asturias, a Córdoba e Sevilla, ao Xurés, a Paris, .... e miles de pequenas viaxes ao entorno máis cercano: Coruña, Allariz, Ribeira Sacra, Pazo de Oca, Padrón, Santiago ..... Todas elas inesquecibles para min, aqui o que significaron estas viaxes.
En fin, xubílome e quería contar estas cousas antes de irme, voume coa sensación de ter traballado moito e espero que ben, pero conste que xa non me quedan moitas ganas de estar en aulas así que creo que me xubilo coma profe e coma alumna. Saúde e forza aos que seguides nas aulas.

7 comentarios:
Que boa despedida! Todo un alegato pedagóxico!
Que fermosa entrada, Conchi, dá pulos para traballar a tarde do domingo. Unha mágoa non coñecerte en persoa(para o ano son as 19JAEM na Coruña, que conste ;) )
Moita sorte en todo
Se alguén me pedira asinar este texto, faríao cos ollos pechados. Subscribo palabra por palabra.
Alégrame que vos gustara, Merche, que ben soa o de alegato pedagóxico!!!
JJ o primeiro luxo da xubilación é sen dúbida non ter que traballar o domingo á tarde, Cibrán seguireite na rede na túa loita permanente polo galego, vémonos nas redes e calquera día en calquera recuncho, que somos poucos e temos moita xente en común. Bicos
Dou fe que fuches moi boa profesora, inda lembro os concursos cos alumnos e cantas veces ganastes! Querida amiga, despideste cos deberes ben feitos,agora a disfrutar que o tes ben merecido.
Eu tampouco fun bo alumno, a verdad e que como alumno pouco se disfruta pero como profesoras coma ti merece a pena aprender ben e rapido, unha aperta do teu tipiño.
Grazas Teresa.
Oes Tipiño, eu non fun boa alumna pero rematei a carreira, a ver se ti segues a ruta, :)
Publicar un comentario